/XORNADA DO FIN DE SEMANA

XORNADA DO FIN DE SEMANA

  Tensión no Barrio co partido de SF2 ante en RGC Covadonga, no que o FisiomásZalaeta se xoga unha praza na Copa Princesa.
  O
encontro ante as asturianas chega nun bo momento, con dúas vitorias
encadeadas, a moral está alta, e despois dunha boa semana de
adestramentos, o equipo de Jorge Barrero móstrase optimista de cara á clasificación.
  Nun torneo para o que xa están clasificados os dous equipos que encabezan os grupos A, CV Torrelavega e B, VP Madrid, quedan por decidir as outras dúas, correspondentes aos segundos de cada grupo.
  No A, o Zalaeta
ocupa a segunda posición, polo tanto ten na súa man nesta xornada obter
a clasificación, para iso, se lle gaña ao Grupo por un 3-0, non daría
opción a ningún equipo perseguidor, con outro resultado entramos no
terreo da especulación, no que a vantaxe a tería o Fígaro Haris Tenerife, que ocupa a terceira praza e que xoga á mesma hora o seu partido ante o CAEP Soria.
  O
bo momento de xogo das centrais, que encabezan as estatísticas de bloqueadoras da Liga, e a complicidade e compenetración do
equipo, son as bazas a destacar nas locais nas que a capacidade
anotadora se reparte por igual entre as súas xogadoras, que continúan
contando coa baixa por lesión de Sara Díaz.
  O equipo de Gijón vén de gañar o seu anterior partido ante o Rivas,
polo que quererán continuar o refacho que lles dea posibilidades de
escalar na clasificación, sería aspirantes a entrar na Copa, pero
dependerían dunha carambola nos resultados.
  As previsións son dun bo
partido de Voleibol este sábado no Barrio, un partido de nivel que
agrade ao público asistente co que contamos como peza importante na
consecución dos obxectivos deportivos do club.

  A túa presenza é importante, contamos contigo para levar adiante este proxecto!!

    FISIOMÁSZALAETA    Vs    RGC COVADONGA   SÁBADO 13,  19:00 BARRIO DAS FLORES.

LIGAS GALEGAS.

  Desprazamento a Ourense para xogar os partidos correspondentes á xornada n.º 10 de Xuvenís e 2ª Div A ante o Dompa Gestión.


XUVENÍS:
  DOMPA GESTIÓN   Vs   AUTOS CANCELA ZALAETA DOMINGO 10:45  P.M. OS REMEDIOS

2ª DIV. A
  DOMPA GESTION   Vs  AUTOS CANCELA ZALAETA DOMINGO 12:00   P.M. OS REMEDIOS
 Xornada n.º 10 tamén para o equipo infantíl que xoga o derby local ante o Calasancias Coruña na cancha colexial.
 
INFANTÍS:
   CALASANCIAS CORUÑA   Vs   C.I ZALAETA   SÁBADO   11:30   CALASANCIAS
 Xornada n.º 6 na Liga Zonal Cadete con desprazamento dos equipos do Instituto a San Sadurniño e a Boiro.

CADETES:
  FISIOCHEBEN SAN SADURNIÑO Vs C. I. ZALAETA A SÁBADO 10:30  P.M.SAN SADURNIÑO

 
  C.V.A.B.    Vs   C.I ZALAETA B    SÁBADO  16:00    P. M. BARRAÑA