/XORNADA Nº 6 SF2

XORNADA Nº 6 SF2

   Novo desprazamento do FisiomásZalaeta que unha xornada máis xoga lonxe do Barrio, no Luis Buñuel de Alcobendas o sábado ás 19:00.
  Interesante será o duelo co Feel Volley Alcobendas que ocupa a cuarta praza, cun partido menos, ten unha conta pendente co Haris,
pero que vén dunha traxectoria ascendente con vitorias nos seus
partidos máis recentes. O conxunto madrileño é un equipo novo, da
canteira local co reforzo dunhas xogadoras veteranas que baixo a
dirección de Paula Tirini tratan de situarse na cabeza do Grupo A coa receptora Kristina Lavrisha como a súa máxima anotadora.
  Pola súa banda o equipo de Jorge Barrero que non xogou a xornada anterior, descanso que veu ben para recuperar despois do dobre enfrontamento realizado en Soria e Torrelavega, retoma a competición con intención de continuar o seu refacho de bos resultados, e viaxa a Alcobendas
coa pretensión de facerse cos puntos en xogo que lle permitan
afianzarse na segunda posición e estar á espera do que suceda noutro dos
cruzamentos do grupo A entre o Soria e o Torrelavega.
  É baixa no equipo coruñés Sara Díaz,
á que unha lesión nun ombro deixa fóra do grupo nun bo momento de xogo
da receptora, cuxa achega ao xogo do equipo é importante.
  Todo iso
coa vista posta na Copa Princesa, competición para a que se clasifican
os dous primeiros do grupo ao finalizar a primeira volta, postos para os
que todos os aspirantes tratarán de apurar as súas opcións. Polo que a
xornada n.º 6 do sábado pode ser clarificadora.

   FEEL VOLLEY ALCOBENDAS   Vs   FISIOMÁSZALAETA   SÁBADO   P. LUIS BUÑUEL 19:00