/XORNADA DO FIN DE SEMANA: LIGAS GALEGAS

XORNADA DO FIN DE SEMANA: LIGAS GALEGAS

  En 2ª Div A o Autos Cancela Zalaeta
ten xornada de descanso. Con catro partidos xogados que se contan por
vitorias, unicamente cedeu un punto no derby local ante o Calasancias,
encóntrase en segunda posición a 1 punto do VoleyOurense que encabeza a
clasificación, tamén con catro vitorias sen encaixar ningún set, e por
detrás, Pontevedra e Teis. Polo tanto, neste fin de semana de descanso, á espera doutros resultados para saber cual será a clasificación despois da disputa da xornada nº 6.

 

  
  As
que non descansan nesta ocasión son as infantís de Liga Galega que este
fin de semana teñen un dobre desprazamento. Mañá venres 14 visitarán o Municipal de Teis para enfrontarse ao Xuvenil en partido da 6ª xornada de liga regular. Partido complicado e a domicilio o que espera ao equipo do Instituto, xa que o Xuvenil Teis ocupa a segunda praza que só cedeu un set ata o momento.
  E sen apenas descanso de novo autobús para viaxar nesta ocasión a Monforte, onde nos espera o partido, aprazado no seu día, ante o Ribeira Sacra, que se encontra neste momento ao igual que o Zalaeta con tres partidos xogados.
  Fin de semana completo para o Zalaeta
que se despraza coa intención de sacar algo positivo destes partidos
toda vez que os adestramentos se realizaron a bo nivel e iso se nota no
rendemento do equipo.

 
   IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS   Vs   C.I ZALAETA VENRES 19:00 P.M. DE TEIS
    C.V. RIBEIRA SACRA   Vs   C.I ZALAETA        SÁBADO   10:30    MUNICIPAL A PINGUELA
 
  A Liga Xuvenil segue o seu curso e o Zalaeta
continúa á fronte da clasificación en condición de imbatido coa
cuadrícula de sets en contra baleiro. Este fin de semana rende visita ao
CV Ribeira Sacra no seu sempre difícil feudo da Pinguela, de onde o equipo de D. Hermida espera traerse un resultado positivo.
     CV RIBEIRA SACRA  Vs  C. I. ZALAETA   SÁBADO  12:00 MUNICIPAL DA PINGUELA

  
   O autobús de AUTOS CANCELA que realizará o desprazamento a Teis, realizará a saída o venres día 14 ás 16:20, como é habitual dende o Instituto Zalaeta.
  Tamén será AUTOS CANCELA con quen se viaxará a Monforte, con saída dende o Instituto ás 07:45 do sábado 15.
 
BOA VIAXE E SORTE!!