/XORNADA DO DOMINGO 2 DE FEBREIRO

XORNADA DO DOMINGO 2 DE FEBREIRO

  O próximo domingo día 2 de Febreiro, xogarase o partido correspondente á xornada 14 de SF2, que enfrontará aos conxuntos FisiomásZalaeta e Voley Playa Madrid no Barrio a partir das 12:00. Teórica opción de puntuar para o equipo de Jorge Barrero que tratará de reencontrarse con vitoria ante a súa afección na súa loita polo cuarto posto.

  As madrileñas ocupan a novena posición e vén de gañar na xornada anterior a La Curtidora
(2-3) a domicilio, e tratarán de repetir vitoria tamén no Barrio para
sumar uns puntos que lles darían tranquilidade. En cambio as xogadoras
locais, despois da derrota no quinto set en Sant Boi tratarán de resarcirse na casa e levarse os tres puntos necesarios para optar a esa cuarta praza que agora está en mans do Volley Is Life (cun partido máis) que nesta ocasión realiza a difícil vista á cancha do CV Torrelavega.

  Pola súa banda, os equipos de Liga Galega desprázanse a Boiro,
tamén o domingo día 2 pola mañá, para xogar a partir da 10:30 na
Cachada
o partido correspondente á xornada 15 de Liga Xuvenil entre os
equipos Jealsa Boiro Voleibol e FisiomásZalaeta,
terceiro e sétimo clasificado respectivamente. As coruñesas non poderán
deixar pasar a ocasión de puntuar na Cachada para continuar no grupo
de cabeza da clasificación, na que o primeiro clasificado ten un só
punto de diferenza cos tres equipos seguintes, empatados con 26 puntos
os tres.
   A continuación, no mesmo escenario xogarán o partida pola xornada 15 de 2ª División A, o Jealsa Boiro Voleibol co Autos Cancela Zalaeta, no que as herculinas
tratarán de deixar constancia do seu bo momento para obter unha vitoria
que lles permita continuar preto da cabeza da táboa á espera doutros
resultados.

  Á vez os equipos de base xogarán os seus partidos o venres, as alevins participarán na xornada correspondente da Liga do Concello da Coruña
o venres 31 pola tarde a partir das 18:00 no Pavillón da Sagrada
Familia
, e o sábado día 1, xogarán alevins e infantís dentro da
competición dos Xogos Escolares no P.do Monte dás Moas a partir das 10:00.