que lle supoñen tres puntos que o consolidan na cuarta posición e o fan
depender de si mesmo para a clasificación para a Copa Princesa.
![]() |
VER FOTOS |
Comeza o partido e parece que o Zalaeta vai decidido a pola vitoria cun parcial incial de 0-3, pero é un espellismo, o Teis
céntrase inmediatamente e remonta o resultado e mediado o set xa estaba
por diante no marcador, ante un equipo visitante que carece de acerto
no ataque e realiza un xogo mediocre. No segundo set a coruñesas están
máis centradas, logran máis acerto e cometen menos erros, dominan o xogo
e o marcador, aínda que con escasas diferenzas, e na parte final lles
custa pechar o set e sucédense unha serie de empates ata un axustado
24-26. As xogadoras de Jorge Barrero
melloran pouco a pouco, e o terceiro, moi igualado, non se decide ata o
último momento, unha vez máis moi apertado e con numerosos empates, o Zalaeta pon o 1-2 no marcador.
O cuarto set puido ser o mellor do partido, as xogadoras de Zalaeta tiveron o seu mellor momento e conseguiron dobregar a defensa de Teis e venceron claramente o set e o partido.
Como era de esperar nun derby, non se viu un gran xogo, pero si
igualdade e tensión. A vitoria era importante para os dous equipos, e ao
FisiomásZalaeta custoulle entrar no
encontro. A coruñesas foron de menos a máis, e aínda que comezaron con
escaso acerto, finalizaron o encontro cun bo ataque e seguras das súas
posibilidades. O terceiro e cuarto set foron os mellores do partido, con
puntos longos, ataques elaborados e boas defensas.
O Xuvenil mostrou unha boa defensa e pelexaron todos os balóns, pero penalizou no ataque e boto de menos as súas xogadoras lesionadas
Con este resultado o equipo do Instituto mantén a cuarta praza, e con
ela un posto na Copa Princesa de xeito provisional, e na próxima
xornada enfrontarase ao Torrelavega nun partido decisivo.