/XORNADA DO SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.

XORNADA DO SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.

  
    O próximo sábado ás 11:30 no Pabillón do Instituto Zalaeta celebrarase o partido correspondente á 4ª xornada da Liga Galega de Juveniles que enfrontará aos equipos FisiomásZalaeta e Jealsa Boiro Voleibol
   O Zalaeta con 2 vitorias e 1 derrota, debería impoñerse ás boirenses,
1 vitoria e 2 derrotas, nun fin de semana que será importante de cara á
clasificación para as do Instituto con partido tamén o venres. Non
deberían deixar escapar a oportunidade de puntuar nunha xornada que
polos emparellamentos que depara o calendario, a vitoria podería
significar o erguerse aos postos de cabeza.
 …………………

   Pola tarde, ás 16:00 en Polideportivo do Barrio das Flores, enfrontamento de segunda División A entre o Autos Cancela Zalaeta e o Jealsa Boiro Voleibol. Outra proba de recuperación e posta a punto para o Zalaeta,
que se mide un equipo que comezou perdendo a Liga na casa, pero que
agora se presenta con dúas vitorias seguidas, e que viaxa, a Coruña con intención de manter o refacho.
   
Pola súa banda as locais, deben de aproveitar que xogan na casa ante o
seu público para conseguir unha vitoria que sería importante para
manterse nun posto que lle permita ter opcións nun comezo de liga
complicado.

   Partido previo ao de SF2 no Barrio onde vos esperamos nun ambiente festivo onde combinaremos os disfraces do Samain co espectáculo do voleibol a partir das catro da tarde.