/XORNADA DO FIN DE SEMANA.

XORNADA DO FIN DE SEMANA.

  
   Comeza a xornada cun desprazamento a Noia do equipo de xuvenís que xogará o partido correspondente á terceira xornada, a domicilio, co Fisioterapia Cinesia Noia o sábado 26 ás 11:00 no Alonso Rodríguez. O FisiomásZalaeta
viaxa con dous partidos xogados, e unha vitoria, para enfrontarse ao
equipo local que ocupa a última praza da táboa aínda que con tan só un
partido xogado. As coruñesas, repostas da derrota sufrida en Teis
a semana pasada, deben de impoñerse no encontro para meterse nos postos
de cabeza nunha xornada que, debido aos emparellamentos, lles pode
resultar propicia.
   Continúa de baixa Nerea Tabeayo que aínda non está reposta da lesión de nocello ocasionada no partido contra o Xuvenil.

   
 O autobús de AUTOS CANCELA que cubrirá o traxecto a Noia, realizará a súa saída, dende o Instituto Zalaeta ás 08:45 o sábado día 26.

……………………….

 

    O choque máis importante deste fin de semana producirase no Municipal de Lugo ás 20:00 do sábado pola tarde, onde se enfrontarán os equipos de SF2 EMEVE ELIDE e FisiomásZalaeta
en partido correspondente á cuarta xornada de Liga. Partido que se
presenta emocionante ao tratarse dun enfrontamento entre dous equipos
que sempre disputan ao máximo os seus encontros e que nesta ocasión o
gañador continuará imbatido e con serias opcións a encabezar a
clasificación toda vez que o terceiro equipo en disputa, o Grupo, xoga o
seu partido na nada doada cancha do leganés.com, e o Torrelavega, aínda que cun partido máis, xoga nas illas afortunadas ante o Tenerife.
  
Na cidade das Murallas, o espectáculo estará servido, veremos dous
equipos que se coñecen ben e que están a realizar un gran comezo de
tempada e que presentan unhas escuadras moi conxuntadas con
individualidades como a veterana xogadora galega M José Garrido, Sara Folgueira, unha das mellores anotadoras da categoría a pesar da súa xuventude, dentro dun grande equipo dirixido por José Valle. Pola súa banda as credenciais do equipo visitante, ás ordes de Jorge Barrero, baséanse no seu conxunto no que as individualidades van pasando polo sete ideal da RFEVB como Cristina García e a MVP da Xornada, Patricia Suarez.

O autobús de AUTOS CANCELA con destino a Lugo sairá dende o Instituto ás 16:45 do sábado, e realizará unha parada técnica en La Rúa no CC Espacio Coruña.

laopinioncoruna.es    Derbi por el liderato entre Zalaeta y EMEVE.

El Ideal Gallego.com  El derbi mide a dos conjuntos en forma
………………….
 




   Pola súa banda, o equipo de 2ª División A, Autos Cancela Zalaeta, xoga o seu partido da terceira xornada, nada menos que contra o vixente campión Galitrans Viajes Embajador UDC, o domingo 27 as 12:00 na cancha do Universitario no Campus de Elviña.
Ambos os dous equipo quererán resarcirse da anterior xornada que se
saldou con senllas derrotas, aínda que no caso do Universitario por 3-2,
o que lle dá unha vantaxe na táboa. O Autos Cancela Zalaeta
cun partido gañado, encóntrase a un punto do seu rival e a tres da
cabeza, tratará de superarse a si mesmo e de obter un resultado positivo
neste o seu primeiro derby da tempada.

                       ATENCIÓN:  !ESTA NOITE, CAMBIO HORARIO!!

XUVENÍS:    FISIOTERAPIA CINESIA NOIA – FISIOMÁSZALAETA
SF2:          EMEVE ELIDE – FISIOMÁSZALAETA
2ª DIV.A:    AUTOS CANCELA ZALAETA – GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC  


TAGS: