O domingo 20 xogarase o partido correspondente á terceira xornada de SF2 na que o FisiomásZalaeta se enfrontará ao Voley Playa Madrid no CDM Entrevías ás 11:00.
O equipo viaxa a Madrid ao completo, agás a xa coñecida baixa da central Lydia Alonso,
nun bo momento de forma e coa tranquilidade que dan as dúas vitorias
anteriores nos encontros disputados, que lle permiten situarse na parte
alta da clasificación, para enfrontarse a un rival que aínda non coñece a
vitoria. Esta situación convérteo en perigoso, xa que tratará por todos
os medios de sumar os seus primeiros puntos ante o seu público para
abandonar a última posición, e habemos de ter en conta que a pesar de
perder o partido ante La Curtidora, nas estatísticas da RFEVB colocou entre as mellores á súa xogadora Carmen Muñoz.
O conxunto coruñés viaxa coa intención de conquistar os tres puntos,
nunha liña de xogo ascendente, disposto a dar a cara e a presentar o
bloque como a súa mellor arma, sen esquecer a capacidade anotadora do
seu ataque con Patricia Suarez e recordando a sensacional actuación da colocadora Cristina García incluída no Sete Ideal da Xornada pasada.

O resto da xornada complétase co desprazamento a Vigo dos equipos de Segunda División A e Xuvenís para enfrontarse ao Xuvenil de Teis,
na que será a segunda xornada nas dúas categorías, nas que ambos
os dous conxuntos aspiran a establecerse nos primeiros postos.
Os dous equipos, a cargo do adestrador David Hermida,
presentan importantes cambios na presente tempada, pero iso non será
inconveniente para a loita polos postos de cabeza da competición na Liga Galega.

XUVENÍS: FISIOMÁSZALAETA – XUVENIL TEIS, SÁBADO 19, 11:45, MUNICIPAL DE TEIS
2ª DIV. A: AUTOS CANCELA ZALAETA – XUVENIL TEIS, SÁBADO 19, 14:00, P.M. DE TEIS
SF2: FISIOMÁSZALAETA – V P MADRID, DOMINGO 20, 11:00 CDM ENTREVÍAS, MADRID