/XORNADA DO SÁBADO 12 DE OUTUBRO

XORNADA DO SÁBADO 12 DE OUTUBRO

   O próximo sábado día 12,
desenvolverase a segunda xornada de SF2 que nos depara o primeiro
partido da tempada na casa, no Barrio das Flores, onde recibiremos o Sant Boi.
   O equipo catalán é novidade na categoría, polo que as referencias son escasas, para Jorge Barrero “é un equipo mais da categoría, ao que coñecemos pouco, pero que se presenta en Coruña cunha vitoria no seu primeiro partido de Liga ante o CAEP de Soria e ademais, coa súa xogadora Alba Castejón como MVP
da xornada, polo tanto, de confianzas, nada. Sairemos a xogar noso
partido, na liña de xogo realizada en Aviles e a polos tres puntos”.
 
   Non se espera ningunha baixa, agás a da central Lydia Alonso,
que na mañá de onte pasou polo quirófano onde foi operada da súa lesión
de xeonllo, sendo ao final o diagnóstico mellor do esperado
inicialmente, e á que lle desexamos que teña unha boa e sólida
recuperación.
  O partido comezará ás 19:00 en Polideportivo do Barrio de Las Flores,
onde esperamos a todos os afeccionados para presenciar o espectáculo
dunha tarde de Voleibol que dará comezo co partido de Liga Galega de 2ª División A Feminina ás 16:00 entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e o CV Bruxas de Santiago.
   O partido significa o pistoletazo de saída da competición na que o Zalaeta
obtivo a segunda posición na tempada pasada. Esta xornada é tamén o
inicio da Liga Galega Xuvenil Feminina, na que o equipo do Instituto se
enfronta ao IES de Ames, encontro que comezará ás 11:30 no Pavillón do Instituto Zalaeta.

                 
FISIOMÁSZALAETA
– IES AMES                       11:30  P. INSTITUTO ZALAETA.

AUTOS CANCELA
ZALAETA – CV BRUXAS       16:00   
P. BARRIO DE LAS FLORES.

FISIOMÁSZALAETA
– SANT BOI                      
19:00   P. BARRIO DE LAS FLORES.