/XORNADA DO SÁBADO 16 DE FEBREIRO.

XORNADA DO SÁBADO 16 DE FEBREIRO.

  Na xornada onte sábado xogáronse os seguintes partidos: comezaron as categorías alevín e infantil nas súas respectivas ligas nas instalacións do Monte dás Moas que ao longo da mañá, como é habitual, foi escenario das competicións das diferentes categorías. Non foi unha xornada de grandes resultados para os equipos do CV Zalaeta, aínda que si foi unha xornada lúdica na que tod@s gozaron dos partidos e ambiente do voleibol coa que van adquirindo experiencia semana tras semana e recibindo a achega que a práctica deportiva transmite a estes noveles xogadores para a súa formación.
   Na Liga Zonal Infantil Feminina, o Ferros Varela Urbieta Xiria enfrontouse ao CV Zalaeta con vitoria para os primeiros por 3-0, con parciais, 4-25; 17-25 e 13-25, nun encontro no que o Zalaeta comezou moi flojo para ir mellorando a medida que avanzaba o xogo, sendo o seu mellor set o segundo no que lograron a maior puntuación e aproximáronse ao rival que é un equipo mais veterano.
   Na categoría alevín Deporte Escolar, o Zalaeta xogou co Liceo A, cun resultado de 0-2, con parciais 11-25 e 10-25. A destacar  que o Liceo A é o líder da categoría con seis partidos xogados e outros tanto gañados, na liña dos equipos deste centro que nas categorías inferiores sempre son referencia.

   O resto de equipos do club que competían, desprazáronse a Noia para enfrontarse ao Fisioterapia Cinesia Noia en tripla sesión.
   Arrincaron as cadetes, que en partido de Liga Galega impuxéronse ás locais por 0-3, con parciais 1-25; 14-25 e 24-26, cun primeiro set irresistible no que prácticamente co saque foi suficiente para impoñerse no marcador a un rival ao que lle custou entrar no partido no que non apareceu ata o segundo set, que xa foi mais competido. As locais foron de menos a mais, xusto ao revés que as coruñesas que no terceiro set tiveron o sua xa esperada ausencia e permitiron ao Fisioterapia Cinesia Noia realizar a súa mellor manga na que puxeron ao CV Zalaeta contra as cordas. Do equipo local destacar quizais o saque no terceiro set e en xeral débil defensa e pouca eficacia no ataque, e por parte visitante, destacar o saque e bo  ataque e o peor a habitual perda de concentración que cando aparece rómpelles o ritmo.

 
    Finalizado este partido, comezou o correspondente á xornada nº 18 da Liga Galega de Xuvenís, que sendo dirixido polos colegiados M. Folgar e FL Barrallo, e cunha duración de 52m, finalizou con resultado de 0-3 con parciais 11-25; 8-25 e 5-25.

   Fisioterapia Cinesia Noia: 9 Barreiro ©, 8 Castro, 11 García, 4 Vidal, 2 López, 14 Caule, 7 Martínez, 5 Trillo, 6 Seijas, 3 Oviedo, 10 Canabal (c) e 1 Beceiro (c).
   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula M., 12 Alba, 11 Rita, 17 Susana S., 9 Sara, 6 Patri, 15 Andrea, 10 Paula L. (c) e 3 Carla (c).

   Partido rápido o xogado no Alfonso Rodriguez, no que soamente no primeiro set o equipo local plantou cara ás herculinas durante o primeiro cuarto, a partir do segundo parcial, as visitantes distanciáronse no marcador para finalizar 25-11. O resto do partido o FisiomásZalaeta foi a mais e sen afrouxar foi superando ás de Noia cada vez con maior diferencia mercé á eficacia no ataque e no saque do equipo de Jorge Barrero, que con esta vitoria continúa en segunda posición na táboa.

    Para rematar a xornada, celebrouse o partido de Segunda División A, que dirixido polos colegiados FL Barrallo e M Folgar, tivo unha duración de 01h 56m e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais, 14-25; 25-19; 23-25 e 22-25.

   Fisioterapia Cinesia Noia: 8 Paz ©, 17 Castro (L), 4 González, 15 Vázquez, 11 Lorenzo, 14 Cadros, 5 Trillo (J), 7 Martínez (J) e 3 Oviedo (J).
   CV Zalaeta: 1 Susana N. ©, 18 Paula M. (J) (L), 12 Alba (J), 11 Rita (J), 17 Susana S.(J), 9 Sara (J), 6 Patri (J), 15 Andrea (J), 8 Maca (J), 10 Paula L. (C) e 13 Carla (C).

   Iniciaron o partido as de Zalaeta moi concentradas e no primeiro set superaron en todo ao rival sen darlle opción obtiveron a maior diferenza do encontro, 14-25, e cando xa pensaban que tiñan o partido, o Fisioterapia Cinesia Noia púxose por diante no segundo set e marcando o tempo do xogo, devólvenlle a moeda ás coruñesas e empatan o partido cun 25-19.
   A partir de aquí presenciamos o partido que se prevía, de igualdade entre ambos equipos que pelexan polo mesmo posto na clasificación. No terceiro e cuarto set lóitanse todos os puntos, as diferenzas son escasas e a emoción chega ata o final no que se resolve favorablemente ao equipo visitante prácticamente polo mesmo resultado.
   Bo partido do Zalaeta en todas as facetas do xogo, en particular en ataque e en bloqueo na rede, que minimizou a ausencia de Cristal por lesión e outras baixas por diversos motivos extradeportivos. Así mesmo, o equipo de Noia estivo ben en ataque aínda que se topou demasiadas veces co bloqueo do equipo de Asier García, e probablemente botou en falta a ausencia da súa colocadora titular.
   Con esta vitoria, as do Instituto afiánzanse na terceira posición da CLASIFICACIÓN cun empate  na cabeza  da táboa.

 

TAGS: