/XORNADA DO SÁBADO 9 DE FEBREIRO

XORNADA DO SÁBADO 9 DE FEBREIRO

 

   Na xornada do sábado 9 de febreiro recibiremos a visita do CV Pontevedra que se desprazará á nosa cidade con tres  equipos de Liga Galega.
   Comezarán os enfrontamentos os equipos de xuvenís ás 11:00 no Instituto, un partido entre o décimo clasificado con tres vitorias ante o FisiomásZalaeta que ocupa a segunda praza con catorce vitorias e que non debería de ter inconvenientes para impoñerse neste encontro.
     A continuación, ás 12:30,  xogarán os equipos cadetes tamén de Liga Galega, nun partido que supoñemos que será parecido ao anterior, entre o CV Zalaeta segundo clasificado e o CV Pontevedra, noveno, no que a vitoria debe de estar ao alcanze das pupilas de David Hermida.

   Xa pola tarde a partir das 17:00, as xogadoras de Asier García deben de mostrar o seu nivel en 2ª División A, ante un CVP Comercial Durán que ocupa a terceira praza a un só punto do CV Zalaeta, polo que o resultado deste partido decidirá a súa posición na táboa e resolverá a súa contenda particular, nestes momentos favorable ás da cidade do Lérez por 3-0 no partido de ida. O factor campo e a recuperación dalgunhas baixas debe de xogar a favor das locais para obter unha vitoria que lle faga manter a súa diferenza na táboa mentres está á espera dos resultados doutros partidos da xornada.

   E para finalizar, recordar que o equipo de SF2 FisiomásZalaeta, conclúe a Liga Regular cunha xornada de descanso, previa ao comezo da fase de ascenso á que brillantemente obtivo o pase directo nun emocionante encontro a pasada semana ante o Grupo de Xixón.
   Así mesmo, descansan tamén os equipos das categorías inferiores que paran as súas ligas ata pasado o Entroido.