/XORNADA DO SÁBADO 2 DE FEBREIRO

XORNADA DO SÁBADO 2 DE FEBREIRO

   A próxima xornada, sábado 2 de Febreiro, interesante partido de Voleibol SF2 entre o FisiomásZalaeta, terceiro clasificado contra o RGC Covadonga, segundo na táboa. As asturianas veñen de gozar unha xornada de descanso e seguro que se desprazarán á Coruña con intención de tomarse a revancha, xa que no partido de ida as coruñesas impuxéronse por 2-3. Non terán intención de facer ningunha concesión tendo en conta que a praza para xogar a fase de ascenso xa a teñen asegurada, pero aínda teñen opción de quedar campioas do Grupo A, para o que necesitan a vitoria ante o FisiomásZalaeta, e estar pendente do que faga o Arroyo ante o Teis.
   Pola súa banda o equipo local tratará de empregarse a fondo para obter un resultado positivo que lle permita obter unha praza no Play Off sen depender doutros resultados, para o que lle falta tan só un punto, “aínda que poderiamos clasificarnos igualmente” di o adestrador Jorge Barrero, “imos saír a por todas, a xogar no partido nosas bazas, o equipo este ano conta cun persoal amplo e con garantías o que nos permitirá afrontar as baixas para este encontro, posto que ás xa coñecidas e aínda sen recuperar de Noa e Rocío, únese a de Nancy que hoxe non puido finalizar o adestramento e non estará no partido do sábado”.
   Unha vez máis, e non para, Patricia Suarez de novo no “sete ideal da xornada” da RFEVB, e ademais terceira mellor anotadora con 21 puntos ante o Extremadura Arroyo.

   FisiomásZalaetaRGC Covadonga o sábado 2 de Febreiro ás 18:00 o Polideportivo do Barrio de las Flores. 

        O resto da xornada queda como segue: o equipo de 2ª División A xoga o seu encontro nº 16 no Municipal de Rianxo, ás 16:45 contra o equipo titular, o Voleibol Toffe que ocupa a oitava praza con 4 vitorias. O CV Zalaeta terá que facer o posible para traerse os puntos neste desprazamento para continuar nos postos altos da clasificación e estar á espera doutros resultados.

   Case á mesma hora, ás 17:00, na Cachada de Boiro xogarase o partido correspondente á xornada 16 da Liga Galega de Cadetes entre os equipos Ing. Trazos Boiro Voleibol e o CV Zalaeta. A priori, o equipo de David Hermida debería facerse coa vitoria ante un equipo co que hai unha gran diferenza na clasificación e así continuar mantendo as súas opcións na cabeza da táboa.

   Seguidamente, ás 19:00, no mesmo escenario, partido de Liga Galega de Xuvenís entre O Secreto Boiro Voleibol e o FisiomásZalaeta, 5º e 2º clasificados respectivamente. Non debe de ceder o conxunto coruñés neste enfrontamento, si quere conservar o seu posto na táboa, ante un equipo local, que con oito vitorias na Liga, non regalará nada na súa cancha e tratará de seguir a súa progresión. 

   O autobús de Autos Cancela sairá ás 14:15 do sábado, como é habitual desde o Instituto Zalaeta, e fará ás paradas de costume.
   

   E para finalizar, destacar que o CV Zalaeta infantil xogará o seu partido de Liga Zonal Infantil Feminina ante o Santa María do Mar B en Monte Dás Moas o sábado ás 12:45, dous equipo moi igualados e a súa posición dependerá do resultado deste partido.