/XORNADA Nº 8 24/11/2012

XORNADA Nº 8 24/11/2012

 
   Celebrada a xornada nº 8 da Liga Galega de Cadetes co partido que enfrontou no Pabellón do Instituto, ao equipo titular co Voleibol Dumbría, onte sábado ás 12:00, e que finalizou cun resultado de 3-0, con parciais 25-7; 25-16 e 25-13. Encontro dirixido pola colegiada Laura Lago, tivo unha duración de 01h. Adestradores, local D. Hermida, visitante, Larrañaga. 

   CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª (L), 14 Paula B., 18 Laura, 7 Alba, 9 Raueql, 13 Nerea, 1 Irene, 5 Inés, 12 Sara, 10 Carla e 6 Lydia.
   Voleibol Dumbria: 1 Quinteiro ©, 3 Vigo, 10 Caamaño, 7 Castiñeira, 6 Rodriguez, 9 Sixto e 3 Toja.
   Nova vitoria do equipo de David Hermida ante o colista da categoría que lle permite continuar á fronte da clasificación unha semana máis.  Partido fácil para as do Instituto, ante un rival que lles permite relaxarse e ir por diante no marcador malia os seus propio erros, e sen despregar o xogo do que son capaces. Cun bo rendemento en todas as facetas do xogo, en particular en ataque e na rede, deben de tratar de manter un ritmo alto ao longo de todo o partido e evitar perdas de concentración de cara a encontros con outros rivais que poidan ser máis esixentes e causarlle verdadeiros problemas.
   Para este partido contamos coa participación da oposta Nerea xa recuperada da súa lesión. 
  A próxima xornada, en Ourense ante o VoleyOurense, encontro que resolverá o actual empate na cabeza da clasificación entre os dous líderes da categoría, aos que únicamente separa a diferenza de set a favor do CV Zalaleta.
   
  Pola tarde, presenciamos o encontro de 2ª División A, entre os equipos CV Zalaeta e o Dompa Xestión, que dirixido polos colegiados JL Herrero e L. Ares, tivo unha duración de 59m. e finalizou cun resultado favorable ás locais de 3-0, con parciais 25-13; 25-21 e 25-17. Adestradores, local, A. García de Dios, e visitante, Fernández.

   CV Zalaeta: 13 Marga ©, 18 Paula M. (L)(J), 14 Susana B., 9 Sara D., 8 Patri(J), 12 Maca(J), 1 Rita(J), 5 Amase, 3 Sara R.(J), 10 Susana S.(J), 4 Alba (J) e 6 Paula L. ©
   Dompa Xestión: 5 Gonzalez ©, 4 Marcos, 12 Rivas, 7 Vázquez, 2 Quintas, 6 Bodaño, 8 Gonzalez L., 10 Gonzalez N. (C) e 11 Ezquerro (C).

   Vitoria cómoda do equipo de Asier García de Dios, que foi sempre por diante no marcador, sen dar opción ao equipo rival, realizou un gran primeiro set no que obtivo a maior diferenza do partido, xogando ben en ataque e cunha boa recepción. O segundo set foi o mellor das visitantes, mais centradas, metéronse no partido e lograron que o Zalaeta non se distanciase no marcador logrando un resultado axustado: 25-21. No terceiro e definitivo set o Dompa Xestión comezou por diante, pero só foi un espellismo, o equipo herculino acelerou e de novo impúxose holgadamente por 25-17.
   O equipo local, que nesta ocasión contou coas baixas de Paula, Cristal e Andrea, xa non é o de comezo de tempada, e a medida que vai collendo ritmo de competición, vainos mostrando o seu verdadeiro potencial.
   O próximo fin de semana, no Paco Paz, contra o CaldariaVoleyourense, que con soamente dúas vitorias no que vai de tempada, tratará de cortar a racha do CV Zalaeta.

  

   Finalizamos a xornada, co partido de Liga Galega de Xuvenís entre os equipos dos mesmos clubs, que deu comezo ás 18:45, e que dirixido polos colegiados JL Herrero e L. Ares, tivo unha duració de 49m., e finalizou cun resultado favorable ás locais por 3-0, con parciais 25-15; 25-7 e 25-13. Adestradores, local, J. Barrero e visitante, Fernández.

   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula M.(L), 11 Rita, 6 Patri, 9 Sara R., 17 Susana S., 2 Alba, 1 Marta F., 15 Andrea, 10 Carla (C) e 13 Lydia (C).
   Dompa Xestión: 8 Fernández ©, 9 González A., 5 González L., 10 González N. (C), 11 Ezquerro (C), 4 García (C), 13 Guitián (C), 1 Sabia e 2 Ezquerro (I).

   Cómoda e rápida vitoria do equipo coruñés en 3 sets ante un equipo que ocupa a última posición da táboa e co que hai unha gran diferenza, e que en ningún momento foi capaz de parar o ataque do FisiomásZalaeta.  Cun equipo moi novo, as do IES As Lagoas S. Martiño, plantaron cara a un dos aspirantes ao título, e o primeiro set foi o seu mellor parcial ata que as locais se centráron e sentenciaron nun encontro de curta duración.
   O próximo partido, desprazamento para xogar ante o VoleyOurense, segundo na clasificación, de modo provisional.

TAGS: