Nunha xornada ameazada pola chúvia, deronse cita nos Xardins de Méndez Nuñez e no Cantons multitude de coruñeses para pasar unha xornada lúdico deportiva no que puideron difrutar de demostracions e tamén practicar os diferentes deportes.
Mais de corenta entidades deportivas coruñesas, en colaboración co Concello e diferentes organismos e empresas colaboradoras, ofreceron un total de corenta e tres actividades distintas, co fin de fomentar o deporte e os seus valores, tratando de achegarse, na rúa, a todo o mundo, en especial ós mais xóvenes.
O Voleibol estivo presente nesta xornada, cunha cancha de xogo que estivo moi animada a longo de toda a mañá, e que contou coa colaboración de diferentes Clubs da cidade, entre eles, o CVI Zalaeta.