MOITOS POUCOS FAN UN MOITO

   É de xustiza, no inicio desta nova tempada dar a benvida a todos aqueles que como xogadores, afeccionados ou colaboradores se uniron ao noso club, así como aos que xa formaban parte deste e co seu entusiasmo, esforzo e apoio lográn que zarpe unha vez máis o barco do CUB VOLEIBOL INSTITUTO ZALAETA. E como moi ben dí o refraneiro galego ” Moitos poucos fan un moito”, polo que sería imperdonable esquecer aos adestradores e pais que paseniño, xornada a xornada, co seu esforzo silandeiro conquiren que sigamos adiante. Sabemos que sen todos vós non sería posible iniciar a travesía en todas as competicións nas que participamos. Hoxe redobramos, por iso, o noso agradecemento desexando que todos xuntos poidamos descubrir novas metas e mellores logros na singradura deste pequeno club nese gran deporte que é o Voleibol.

    Atentamente, A Directiva do C.V.I. Zalaeta.