/COMENZA A TEMPADA DE VOLEIBOL 2019-2020

COMENZA A TEMPADA DE VOLEIBOL 2019-2020

 

   Comeza unha nova tempada de voleibol co Autos Cancela Zalaeta militando un ano máis en SF2, categoría na que o equipo do Instituto é xa un clásico.

   Dous Grupos compoñen esta segunda división do Voleibol español, estando as coruñesas encadradas no Grupo A, grupo que este ano presenta algunhas novidades respecto ao ano anterior.

   Vencedoras do Grupo A en a pasada tempada o Autos Cancela Zalaeta medirase este ano con CV Torrelavega, CV Sestao, Arenal EMEVE, Extremadura Arroyo, VP Madrid, Rivas Ciudad del Deporte, CV Sayre Décimas, cvleganés. com, RGC Covadonga e Arona Tenerife Sur.

  O equipo que dirixen Jorge Barrero e Fernando Cueto presenta algunhas novidades, e estará formada polas seguintes xogadoras:

  Colocadoras: Patricia Santos Fernández e Cristina G. Bermejo; opostas: Claudia Gómez Mariño e Alba Quirós Valle; receptoras: Emma Ordoñez Lojo, Laura Vázquez Méndez, Sheyla Arias Lourés, Susana Suarez Bermúdez de Castro e Carlota Vilariño Vázquez; líberos Paula Lema Costoya e Noa Sánchez Domínguez e centrais: Eleonora Guzzi, Andrea Rivas Fiel, Carla Figueroa Pérez e Sandra Castro Sosa.

  Causan baixa esta tempada as centrais Lidia Gudge e Inés Rivas, Tania Cobos e Noemí Vázquez. Regresan ao primeiro nivel do club as veteranas xogadoras Chey e Cristina, volve procedente do Kiele Socuéllamos a oposta Alba Quirós. Como novidades, ficha polo equipo do Instituto a central procedente do Xuvenil, Carla Figueroa e refórzase coas xuvenís Carlota e Sandra.

  Hoxe sábado dará comezo a competición cun prato forte, o derbi galego Arenal EMEVE Vs Autos Cancela Zalaeta que servirá de apertura dunha tempada que se espera moi competida. O equipo coruñés tratará de manter o nivel do pasado ano e o EMEVE, recentemente descendido da Liga Iberdrola, tentará mostrar na súa cancha o nivel que lles levou a disputar a máxima categoría do voleibol.

  Partido complicado como todos os derbis, resultado incerto, equipos sen rodaxe en competición real que é a que pon a punto os recursos dispoñibles, pero un partido no que sen dúbida, ambos os conxuntos darán o mellor para facerse coa vitoria e facer gozar ao público que se dea cita hoxe ás 17:30 no Municipal de Lugo.

  Comeza tamén esta xornada a competición nas Ligas Galegas de Voleibol, xogándose os partidos correspondentes á 1ª xornada das primeiras divisións, na que os equipos do Instituto de xuvenís, cadetes e infantís, mediranse noutro derbi, local neste caso, ao Calasancias Coruña.

  Na cancha do colexio Calasancias disputaranse os partidos de Cadetes Á as 11:30; Infantís Á as 13:00 e Xuvenís A tamén ás 13:00.

    Moita sorte a todos os equipos, FORZA ZALA!!