/AUTOS CANCELA ZALAETA 0 EXTREMADURA ARROYO 3

AUTOS CANCELA ZALAETA 0 EXTREMADURA ARROYO 3

  

Ás 18:00 comezaba no Gran Gaby de Socuéllamos o primeiro partido da Fase de Ascenso dirixido polos colexiados José M. de Moya e Alfonso López, que cunha duración de 01 h. 17m. finalizou cun resultado de 0-3; 20-25; 20-25 e 25-16.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

EXTREMADURA ARROYO: Beatrix Meléndez, María Carrero, Ana Lucas Laura Pallero, Carmen Castaño, Yohana Rodríguez, M. Beatriz Gómez, Julia Cabeza, Isabel Espino, Bruna de Oliveira, María Guadalupe, Isabela C. Cardoso e Alba de Lucas. Adestrador Adolfo Gómez.

  Nun primeiro set frouxo, ambos os conxuntos sentían a presión e non mostraban a súa cara habitual, era o Extremadura o que trataba de levar o tempo do partido e non deixaba que as coruñesas se adiantasen no marcador. O 15-20 decidiu o set aínda que o Zalaeta maquillou un pouco o resultado deixándoo en 20-25, pero a eficacia no ataque das extremeñas superou ao seu rival a pesar de cometer un gran número de erros.

  No segundo, as de Barrero melloraron o seu xogo e trataron de poñer en apretos ás de Arroyo de la Luz pero só foi por momentos, xa que a pesar de decaer o seu ataque continuaban marcando o ritmo e superaron ao rival desde a liña de saque.

  O terceiro e último foi o peor do Autos Cancela Zalaeta, faltas de concentración non souberon remontar unha diferenza que aos poucos se ía incrementando ata lograr as extremeñas o 0-3 coa maior diferenza do partido.

  Finalmente os números en ataque son similares, 35-40, con porcentaxes de 40% e 49% respectivamente, pero o Extremadura foi mellor en bloqueo, e a súa eficacia no saque puido ser decisiva.

  Emma Ordoñez máxima anotadora do encontro con 19 puntos, 16 ataques, 2 bloqueos e 1 ACE. Séguelle Laura Vázquez con 7 de 7 ataques e Eleonora e Lidia con 5 puntos.

  Por parte do Extremadura Yohana Rodriguez e Inma Lavado con 14 puntos cada unha e Bruna de Oliveira con 10 puntos.

  Mal partido de ambos os conxuntos, foi sen dúbida mellor o partido de liga xogado no Barrio, pero sobre todo mal comezo para as do Instituto que non se sentiron a gusto en ningún momento e non foron capaces de achegarse ao seu nivel de xogo, parece que a presión fixo mella nelas.

   Nada que non se poida solucionar, pero para iso hai que recuperar a confianza, hai que saír á pista con concentración e tranquilidade para recuperar o xogo que caracterizou ao equipo durante a tempada.

  Finalizado o segundo partido entre o Algarsurmenor e o Kiele Socuéllamos con vitoria do equipo anfitrión por 3-2 nun disputado encontro, con alternancia no marcador, que finamente liquidou o equipo local nun magnífico tie break no que barrio da pista ao rival.

  Mañá, segunda xornada de competición, cos seguintes enfrontamentos: Extremadura Arroyo Vs Kiele Socuéllamos ás 18:00 e a continuación Autos Cancela Zalaeta Vs Algarsurmenor ás 20:00.