/FINAL DA COPA PRINCESA 2019

FINAL DA COPA PRINCESA 2019

  Non puido ser, o Autos Cancela Zalaeta quedou fóra da final de Copa Princesa ao perder co Kiele Socuéllamos na semifinal do sábado nun emocionante e difícil partido que chegou ao límite do quinto set con alternancia no marcador.

  Na primeira semifinal, o anfitrión, JS Hotels Ciutat Cide derrotou ao Extremadura Arroyo por 3-2 (25-19; 25-20; 15-25; 24-26 e 15-11) nun apertado encontro que tivo que decidirse na última parte do tie break para coñecer ao primeiro finalista. A segundo semifinal prevista para as 19:00, comezou con atraso, debido á prolongación do primeiro partido, no Polideportivo Germán Escalas que rexistrou unha gran entrada. Dirixido polos colexiados Tomeu Verger e Daniel Sarrión finalizou cun resultado de 3-2 con parciais 24-26; 25-13; 28-30; 25-13 e 15-13 (117-95).

KIELE SOCUÉLLAMOS: Sheila D´Amaro, Alba Quirós, Florencia Fernández, Nerea Fuentes, Diana Sánchez, Laura Sánchez, María Alarcón, Geraldine Brunet, Diana Paredes e Tatiana Becares. Adestrador Chema Rodríguez.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Antela Couceiro, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Comeza o partido co Zalaeta por baixo no marcador, o rival cobra vantaxe e adiántase para obter a maior diferenza de 6 puntos, 19-13. O set parece decidido, pero as coruñesas non cejan no seu afán por seguir ao Kiele no marcador e endósanlle un parcial de 0-4 e superan ás castelás, 23-24, que xa non son capaces de remontar.

  No segundo set o Socuéllamos non se podía permitir nada, e non o fixo, superou amplamente ao Autos Cancela que non foi capaz de reaccionar, romo en ataque e falto de concentración foi unha presa fácil e cedeu o empate cunha ampla diferenza.

  No terceiro adiántase inicialmente o Kiele, pero as diferenzas son escasas, alternancia no marcador para un e outro equipo que finalmente rompe o conxunto de Barrero, que cun parcial de 0-3 que deixa o marcador máis avultado do encontro 28-30.

  Estamos como ao principio, de novo as de Chema Rodríguez necesitan reaccionar e volven atoparse cun equipo que non é capaz de facer puntos e métenlle o parcial máis avultado do partido nun set: 12-0, de 4-5 pasan a un 15-5. E aí acábase o set, e un novo empate que nos leva ao tie break.

  O quinto ten dous partes, a primeira para o Kiele, chega ao cambio de campo cun 8-4, e a segunda para o Zalaeta que consegue remontar, logra un empate a 13 puntos, pero non é capaz de resolver ao seu favor nos últimos puntos, e perde o set e o partido, e con iso as súas opcións para disputar a copa ao anfitrión.

  Por parte do Kiele Socuéllamos 5 xogadoras por encima dos 10 puntos, Geraldine Brunet e Tatiana Becares con 18 puntos, Diana Sánchez 17 e Alba Quirós e Sheila D´Amaro 16 cada unha.

  Emma Ordoñez do Autos Cancela Zalaeta empata coas máximas anotadoras do encontro, 18 puntos, Eleonora Guzzi 13 e Tania Cobos 10 puntos.

  Demasiados erros, por parte de ambos os conxuntos, cometidos en momentos puntuais lastraron o rendemento das do Instituto e “a falta de partidos de competición e un menor ritmo de adestramento, coméntanos J. Barrero, puideron ser decisivos no rendemento do equipo. Non é que xogásemos mal, pero si con altibaixos, sen continuidade. No cuarto set se xogásemos mellor, se non gañabamos o set, o alongásemos e quizais chegásemos noutras condicións ao desempate. Cometemos bastantes erros, pero os dous equipos por igual, ata aquí chegaron as nosas opcións, agora temos que pensar na liga”.

  O domingo pola mañá ten lugar a final no mesmo escenario entre o JS Hotels Ciutat Cide e o Kiele Socuéllamos no que as castelás se impoñen noutro partido de infarto, moi axustado, que necesita do quinto set para decidir o vencedor. Finalmente levan a vitoria por 2-3 con parciais 25-21; 21-25; 25-18; 24-26 e 16-18 e levan o seu primeiro título de Campioas de Copa Princesa.

                                                                                                           Parabens ao Kiele Socuéllamos¡¡

Agradecer o trato dispensado aos participantes e felicitar a organización polo éxito do evento e a celebración deste torneo Copa Princesa 2019.