/SF2: AGUERE CIUDAD DE LA LAGUNA 0 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: AGUERE CIUDAD DE LA LAGUNA 0 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

 Valiosa vitoria de 3 puntos do Autos Cancela Zalaeta, a domicilio, ante o Aguere Ciudad de la Laguna na 11ª xornada de SF2. Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Deportes Juan Rios Tejera, que dirixido pola colexiada Mª da Ondas Rodriguez tivo unha duración de 01 h e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais 18-25; 13-25 e 13-25 (44-75).

AGUERE CIUDAD DE LA LAGUNA: Nuria Quintana, Laura Naeslund, Lucía Mández, Irina Brezgum, Andrea García, Cristina Gil, Antonija Legcevic, Inés Rubio, Emma Ríos e Nerea Pacha. Adestrador Ambrosio González.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri santos, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Bermudez e Noa Sánchez. Adestrador Jorge Barrero.

  Bo partido do Zalaeta que se impuxo ao rival por 3 sets a 0, que lle permite loitar polo liderado da clasificación, grazas a unha gran actuación colectiva do conxunto de Barrero. Nun primeiro set, no que dobraron ao Aguere en ataque, foron superiores tamén no xogo na rede e lograron un 72% de efectividade en recepción, marcaron as diferenzas e definiron o partido.

  Os dous sets seguintes foron de trámite, e as coruñesas lograron unha ampla diferenza no marcador. A contención nos erros propios foi unha das claves da vitoria, un encontro no que se cometeron 21 erros, e soubéronse forzar os do contrario para lograr os tres puntos en xogo e escalar na clasificación.

  Emma Ordoñez con 14 puntos, foi a máxima anotadora do encontro, seguida de Tania Cobos con 11 e Laura Vázquez con 10.  Polo Aguere, Antonija Legcevic máxima anotadora con 10 puntos.

  Esta vitoria das do Instituto, xunto coa derrota do Torrelavega ante o Cuesta Piedra, abren paso na clasificación ao Zalaeta que se sitúa en 2ª posición e ocupa praza para disputar a Copa Princesa. Unha posición que pode manter, dependendo de si mesmo, no derbi galego que se xogará na próxima xornada no Barrio ante o Xuvenil de Teis.