/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV SESTAO 0

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV SESTAO 0

Ás 19:00 comezaba no Barrio o partido de SF2 correspondente á terceira xornada que dirixido polos colexiados Pidal Otero e Anxo Álvarez, tivo unha duración de 01 h 05 m e finalizou cun resultado favorable ás locais de 3-0 con parciais 25-22; 25-21 e 25-15 (75-58).

  AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas e Noa SánchezAdestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  CV SESTAO: Nerea Izaguirre, Ziorta Tejedor, Ane Briz, Nagora Ruiz, Oihane Gutierrez, Maitane Salazar, Oihane Paskual, Nerea Ruiz, Maider Breda e Nerea Ugalde. Adestradores Paki Blanco e Cesar Ruiz.

  Nunha xornada de SF2 na que os resultados tiveron cor local, o Zalaeta impúxose claramente ao CV Sestao nun partido no a iniciativa foi das do Instituto, excepto no segundo set no que as sestaotarras adiantaron ás locais nos primeiros compases do set para ceder de novo o control do partido para partir do empate a 8 puntos.  O terceiro foi o set no que o Zalaeta logrou a maior diferenza, pechou cun parcial de 8-0, e quedou cos 3 puntos en xogo.

  Encontro entretido o que presenciamos no Barrio no que as xogadoras de Barrero mostráronse máis eficaces en ataque 43% ante un 32% das rivais, ante as que tamén foron superiores en recepción. Poucos erros os cometidos, 16 nos 3 sets, e boa eficacia en saque 6 puntos directos con tan só 4 erros de 74 saques puideron ser as claves da vitoria nesta xornada ligueira.

  A máxima anotadora do encontro foi a receptora do Sestao, Oihane Paskual con 15 puntos. Por parte do Autos Cancela Zalaeta, catro xogadoras superaron a barreira dos 10 puntos: Emma con 13, Eleonora e Laura con 11 e Lidia con 10.

  Mañá volvemos ao Barrio ás 12:00 para xogar co CAEP Soria, o partido aprazado no seu día, equipo que vén de perder co Grupo nesta xornada de sábado por 3-0.

PARA VER O VIDEO DO PARTIDO, PINCHA    AQUÍ

PARA VER AS FOTOS DE J. VAZQUEZ PINCHA AQUÍ