/COMENZA A PRETEMPADA

COMENZA A PRETEMPADA

  Comeza a preparación de pretempada coas sesións de adestramento dispostas polo corpo técnico e unha serie de partidos concertados con outros equipos. O primeiro deles é xa un clásico, desprazamento á cidade de Xixón para enfrontarse ao equipo local, o Real Grupo Cultural Covadonga no seu habitual torneo de pretempada.

  O torneo disputábase nas excelentes instalacións da sociedade, no pavillón Braulio García, en sesión de mañá e tarde. Enfrontábanse catro equipos que disputaban as eliminatorias pola mañá e as finais pola tarde.
 Fertiberia Os Campos, equipo de 1ª división enfrontábase nun primeiro encontro ás anfitrioas ás 10 da mañá con triunfo local, que lle daba o paso á final ao Grupo Covadonga.

  Nun segundo encontro ás 12 o CV Madrid Chamberí, equipo esta tempada da Liga Iberdrola, campioas a pasada tempada do Grupo A de SF2, enfrontábanse ao Autos Cancela Zalaeta. Neste encontro impuxéronse as coruñesas nun intenso e longo partido, que necesitou do quinto set, por 3-2 con parciais: 25-23; 17-25; 25-21; 18-25 e 15-12.  

  Este resultado definía a final que xogarían o Grupo ante Zalaeta as 18:30, e que resultou ser outro encontro longo, con opcións para ambos os equipos no que finalmente a xixonesas lograban impoñerse con axustado resultado, tamén, de 3-2, con parciais: 23-25; 20-25; 25-23; 25-16 e 16-14.

  Partidos clásicos de pretempada, pero que resultaron moi positivos nos que se puxeron en práctica acertadamente os adestramentos realizados, nos que se aprecia que a forma física de momento é escasa. A pesar diso disputáronse nada menos que 10 sets no primeiro día de competición (con desprazamento incluído), o que se puido ver no partido da tarde con altibaixos no rendemento, pero que foron do agrado do corpo técnico e da afección que se deu cita nas instalacións que puido gozar duns partidos disputados nos que todos os equipos se empregáron a fondo.

  Próxima cita o seguinte fin de semana, esta vez en Lugo ante o EMEVE tamén equipo recentemente ascendido á liga Iberdrola.

FOTOS DO TORNEO DE  JULIO VÁZQUEZ  PINCHANDO AQUÍ