/VII CAMPUS DE VERAN MULTIDEPORTE

VII CAMPUS DE VERAN MULTIDEPORTE

  O Club Instituto Zalaeta Voleibol non para, xa está a organizar o VII Campus de Verán 2018 que se celebrará, como vén sendo habitual, no Polideportivo IES Ramón Menéndez Pidal (Instituto Zalaeta) e que vai dirixido en categoría infantil, para as nenas e nenos nados no 2004 e 2005, para os que haberá 15 prazas, e en categoría de minivolei, nacidos en 2006 e 2009 que contan con 25 prazas.

  Trátase dun Campus multidisciplinar no que se realizarán diferentes actividades, volei praia, esgrima… e no que tamén haberá tempo para un visita cultural. O horario será de mañá e dará comezo ás 10:30 para finalizar ás 14:00, cun descanso polo medio.

  As datas de realización do Campus serán do 2 ao 20 de xullo e do 20 ao 31 de agosto, de luns a venres, excluíndo os fins de semana. A inscrición poderá realizarse por semanas no mes de xullo e nunha soa opción en agosto, sendo os prezos os seguintes: 1 semana 60 Euros, socios ou irmáns, 50 Euros; 2 semanas 90 Euros e 80Euros e 3 semanas 120 Euros e 100 Euros respectivamente. A quenda de agosto ten un prezo de 90 Euros e 80 para socios ou irmáns.

  O prazo de inscrición será ata o día 28 de xuño, ou ben ata esgotar as prazas ofertadas, e poderá formalizarse no Pavillón de Zalaeta os luns e mércores de 18:30 a 20:30 ou ben o o Polideportivo da Sagrada Familia os venres de 18:30 a 20:30.

  Podes obter información no correo campus@voleibolzalaeta.gal ou ben no nº de teléfono 651 360 683, Cristina é a persoa de contacto.

  É importante presentar unha copia da Tarxeta Sanitaria e os participantes deberán de levar unha roupa cómoda e zapatillas de deporte, e é recomendable unha botella de auga e un tentempié.

  Anímate, reserva pronto a túa praza e gozarás duns días deportivos nos que poderás facer amigos e coñecerás as bases do voleibol e aprenderás cousas sobre outros deportes.

   Para descargar o boletín de inscripción pincha aquí:  Tríptico Veran 2018 Zalaeta