/SF2: AS MELLORES DA XORNADA

SF2: AS MELLORES DA XORNADA

Saen publicadas as estatísticas da xornada 22 de SF2, a xornada que pecha a Liga Regular e da paso a Fase polo ascenso. Despedida da competición para o equipo do Instituto que o fai por todo o alto con vitoria no Barrio no derradeiro derbi da campaña e co merecido recoñecemento a labor de equipo coa inclusión de dúas xogadoras no Sete da Xornada.

  A excelente actuación das que nesta xornada foron as cañoneiras do Autos Cancela Zalaeta, Emma Ordoñéz con 20 puntos, 4 de saque directo, e Lidia Gudge con 17 puntos, 7 deles de bloqueo, merecen ser destacadas polos técnicos da Federación e foron incluidas no Sete da Xornada.

 Noraboa! a estas dúas xogadoras que deste xeito poñen o broche ao final de tempada, tempada que remata cuns bos resultados, un estupendo quinto posto na clasificación con 12 vitorias. Felicitación que facemos extensiva ao resto das xogadoras que compoñen a plantilla do Autos Cancela Zalaeta e ao cadro técnico co que compoñen un equipo que saben facer do voleibol femenino un verdadeiro espectáculo.