/SF2: CAEP SORIA 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

SF2: CAEP SORIA 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

  Onte venres desprazábase a Soria, no autobús de Cancela, o equipo do Instituto para xogar hoxe en Los Pajaritos o partido adiantado correspondente á xornada nº 19 de SF2 que enfrontaba ao CAEP con Autos Cancela Zalaeta. Ás 11:00 comezaba o encontro dirixido polo colexiado David Escobar, e cunha duración de 01h 10m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 26-24; 25-17 e 25-18.

CAEP SORIA: Julia Vaquero, Jimena Fernández, Raquel Montoro, Guadalupe Rosell, Elena Santana, Itziar López, Aina Pons, Raquel Lázaro, Lucrecia Castellanos, Margalida Piza, Andrea Silva, Claudia Fita, Antía Vallecas e E. Ribes. Adestradores Pascual Saurín e Begoña Saenz.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Susana Suarez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Derrota en tres sets do Zalaeta no seu desprazamento a Soria nun encontro no que a clave estivo no primeiro set, moi igualado, con escasas diferenzas, non máis de 2 ou 3 puntos alternativamente a favor dun ou outro equipo. No último parcial as coruñesas logran un parcial de 0-4 poñendo o marcador en 23-24, pero non son capaces de pechar o set e caen ante tres ataques seguidos do CAEP que van marcar o devir do partido.

  O segundo set é parecido ao primeiro, cometen menos erros ambos os equipos e discorre con certa igualdade no marcador, pero un parcial de 7-0 pon un indiscutible 24-16 que noquea ao Zalaeta.

 O terceiro era a oportunidade que quedaba ás visitantes, parece que a aproveitan cunha vantaxe inicial de 5 puntos, 4-9, pero a partir do empate a 12 puntos o set se lles atraganta e é o CAEP o que toma vantaxe para finalizar o set ao seu favor e o partido. Pouca eficacia no partido xogado en Los Pajaritos do equipo coruñés, un 29% en ataque, erros en saque e escaso bloqueo, mellores números en recepción cun 57% de efectividade.
   Aina Pons do CAEP foi a máxima anotadora do encontro con 14 puntos, seguida da galega do concentración permanente Antía Vallecas con 12 puntos. Por parte do Autos Cancela Zalaeta Lidia Gudge con 7 puntos seguida de Alba Quirós e Andrea Rivas con 6 puntos cada unha.

  O próximo encontro, derbi autonómico, será no Barrio da Flores ante o EMEVE de Lugo o próximo día 24 de febreiro.