/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 MADRID CHAMBERÍ 3

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 MADRID CHAMBERÍ 3

Xógase o sábado 21 no Barrio das Flores o partido correspondente á 5ª xornada de liga regular de SF2 que enfronta ao Autos Cancela Zalaeta co líder o Madrid Chamberí. Comeza ás 19:00 dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro e fonaliza cun resultado favorable ás visitantes de 1-3, 25-20; 23-23; 14-25 e 25-27.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema, Andrea Rivas, Calíope Varela, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

MADRID CHAMBERÍ: Paula Prieto, Silvia de las Heras, Martina Corral, Paula Carpintero, Sara Garcinuño, Laura Calvo, Silvia Soldevilla, Cristina Chamoso, Paula Pérez e Marta Beltrán.

Adestrador Manuel Berdegué.

Segunda derrota desta tempada, visitábanos Madrid Chamberí, o campión do ano pasado do Grupo A da SF2. Viña máis reforzado que na súa anterior visita ligueira ao Barrio das Flores. Partido serio pola nosa banda no que estivemos moi preto de puntuar, pero que por infortunios e falta de pegada no último tramo dos sets non foi posibel.

No primeiro set entramos moi serias, dificultámoslles moito o xogo coas centrais, xa falaramos da importancia diso na sesión de vídeo e así foi, non lles permitimos saír moito coas centrais e recuperabamos bastantes balóns atrás, a defensa volvíase algo máis previsible e iso permitiunos encarrilar este primeiro set no que sempre mandamos.

No segundo seguimos con esa inercia pero Madrid foise adaptando aos poucos e soubo sobrepoñerse, foi mellorando en recepción e iso permitiulle ir mellorando no seu xogo e ir puntuando con bo ataque e poucos erros. Un final de set igualado unido a un grao máis de experiencia, permitiulles levar este segundo set.

No terceiro desaparecemos da pista, moi mala entrada no set, Madrid simplemente tiña que botarnos a pelota e esperar o noso fallo, a perda do terceiro set foi un pau duro e reflectiuse rapidamente no xogo, set fácil para elas. E no cuarto volvemos a unha boa versión nosa, pero faltounos un chisco de sorte ao final, chegamos a mandar 23-17 no set que nos permitiría puntuar, un resbalón nunha entrada ao ataque e certa ansiedade por pechar o set puxéronsenos en contra e Madrid con só 2 erros en todo o set unido á nosa ansiedade final, permitiulle levar un 1-3 que a nivel de merecemento, queda curto para nosa xogadoras que deron unha boa impresión e salvo un set plantáronlle cara ao líder da categoría.

Fernando Cueto.

Fotos J. Vázquez https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=photos.app.goo.gl/pdFRayHfkM7VTii93