/CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEIBOL FEMININO LAS PALMAS 2015

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEIBOL FEMININO LAS PALMAS 2015

 
  Comezou o mércores día 6 o presente Campionato de España no que compiten
24 equipos encadrados en 6 grupos de 4 participantes cada un, estando o
Autos Cancela Zalaeta en Grupo D.

 

VER + FOTOS
   
A competición empezaba para o equipo coruñés o mércores ás 12 da mañá
ante o Collado Villalba, conxunto que xa coñeciamos de habernos
enfrontado con elas na SuperLiga 2014, e non resultou sinxelo. Primeiro
encontro, toma de contacto coa competición e prisioneiras dos nervios
cométense demasiadas imprecisiones e erros non provocados que supoñen un
baño inicial por un conxunto a priori asequible que se distancia nada
menos que cun 0-2 que fai intuír o peor, un comezo con derrota. Pero
toca remontar, e este equipo sabe que ten que sufrir para saír adiante, e
a afección tamén.
  
O terceiro set é o de Zalaeta, comprobarase mais adiante, corríxense
erros e mellórase algo, o suficiente para gañar o set e coller
carrerilla para o cuarto que tamén se gaña. A mejoría no xogo non é
notable pero a garra, a suficiente para chegar ao tie-break e nun
desgastar físico importante lograr unha axustada vitoria por 3-2 que
supón un alivio e os primeiros puntos sabendo que no outro partido do
grupo había unha vitoria por 3-0.

AUTOS CANCELA ZALAETA    3     COLLADO VILLALBA   2    (20-25; 22-25; 25-12; 25-16 E 15-10) 
DURACIÓN: 01H 55M.

VER + FOTOS
    Pola tarde continuamos a competición nesta ocasión ante o Universidade de Granada, que viña con ganas e unha vitoria.
  
Máis do mesmo, parecía que ás do Instituto non lles sentou nada ben
algunha cousa, non sabiamos que era, pero parecía un equipo diferente
ao que coñeciamos, posiblemente, di Tania “a cantidade de erros no
saque poden apuntar a un problema de bloqueo mental, non detectamos
problemas físicos”.
   Demostraríase esta teoría posteriormente. O Granada
endósanos o 0-1, vímonos abaixo e encaixamos un segundo de
pena.  De novo deixamos todo en mans do xenio, xa que xogo non temos
dispoñible, e parece que co terceiro chega a nosa oportunidade, impoñémonos non sen complicacions, moi axustado e imos ao
cuarto con intención de repetir a historia da mañá, pero non é así. O
Granada vese apurado na maior parte do set pero na parte final é capaz
de pechalo ao seu favor e de deixarnos confundidos, non sabiamos si
estabamos no noso lugar. Seguimos sufrindo e as andaluzas certifican o
seu pase que sería de primeiras de grupo.

AUTOS CANCELA ZALAETA 1 UNIVERSIDADE DE GRANADA 3 (21-25; 13-25; 25-23 E 23-25) 
DURACIÓN: 01H 46M.


VER + FOTOS

 
Descanso necesario, cea e á cama, mañá é outro día e se cadra outra
cousa. Enfrontámonos ao Arona coa necesidade dunha
vitoria que non podemos deixar escapar: presión.
 
De novo ao mediodía xogamos coas canarias, calor, pista central, parece
unha encerrona. Comezamos ben, non melloramos gran cosa pero gañamos o
primeiro pasando máis apuros do que deberiamos. Nos empatan no segundo;
o do comezo: sufrimento e nervios, moitos fallos ante un equipo co que
non deberiamos ter problemas. Gañamos o terceiro, imos aos poucos.
Demasiado pouco, case non nos chega, outro empate que cedemos polos
pelos e os fallos. E imos ao quinto que solucionamos apuradas pero aí
estamos. De novo a vitoria de Granada ante o Villalba axúdanos e pasamos
segundas de grupo.

AUTOS CANCELA ZALAETA  3    ARONA STOP AND SHOP  2    (25-20; 22-25; 25-19; 23-25 E 15-11) 
DURACIÓN: 02H 06M.



  Día e medio de competición e xa levamos xogados 14 sets e 05h 47m. Non
era un problema físico, era outra cousa. Agora veñen os cruces, segundas
e claro tócanos o que nos toca, xogárnola co EMEVE, o outro equipo
galego, por un pase a cuartos. Loita fraticida.
  
Xogámonola nada menos que co EMEVE e o anfitrión, o JAV
Olímpico
, vigente campión da Super Liga Junior, grupo do que puidese
saír o campión 2015.
  
Contra as lucenses o partido está programado para as 20:00 do xoves,
cambiamos de pista, ímonos ao San Román, mellor, cambio de
aires.
  
Chegamos e atopámonos cunhas vellas coñecidas coas que
xogabamos ao volei, recordámolo, e recordamos o xogo que practicábamos
que non é o que estabamos facendo ata agora. Comeza o partido, desde o
principio vemos outro equipo, é coma se o adestrador desprazase duas
escuadras e esta non tivese nada que ver con anterior, outra actitude,
outro xogo, desaparecen os fallos, afínase e o resultado é outro. O
primeiro set lévano as de Lugo, non pasa nada, estamos no partido e o
Zalaeta sabe xogar co marcador en contra. O EMEVE está lanzado, sabe que
se xoga o pase a cuartos, sen contemplacións lévase o segundo máis
axustado que o anterior. As do Instituto van cara arriba, aos poucos, o
físico non as abandona e o terceiro lévano nun alarde de resistencia e
bo xogo e superan ao rival tamén no cuarto, 2 para cada equipo, imos ao
quinto. O esforzo pasa factura e o equipo de Valle unha vez máis se
adianta no marcador e nun set curto como é o 5º decídeo rápidamente
finalizando un gran partido por parte de ambos conxuntos, dos que fan
afección, nos que non hai nada que objetar, fíxose o que había que
facer, xogar como se sabe xogar. 
  Este partido serviu ás xogadoras para
reencontrase con si mesmas, para volver alcanzar o nivel de xogo que son
capaces de desenvolver e para o que se preparan. Estiveron ao seu nivel
máis alto da tempada ante un gran rival.
Só queda unha opción, gañar ao JAV Olímpico, para o que haberá que xogar
ao máximo nivel, e estar pendente do partido entre canarias e lucenses.

AUTOS CANCELA ZALAETA   2    EMEVE LUGO  3    (18-25; 20-25; 26-24; 27-25 E 8-15) DURACIÓN: 02H 03M



  Pola tarde esperábanos o  JAV Olímpico no mesmo escenario, xogan en casa, é o
seu torneo e queren unha praza en cuartos. Este partido e logo o EMEVE,
espérase que salten faíscas xa que ao Autos Cancela Zalaeta só lle vale a
vitoria e un resultado favorable no outro encontro do grupo.
  
Temos unha referencia do Olímpico, o seu pase pola Super Liga da Coruña,
gañámoslle, pero só é iso, unha referencia. Comeza o partido con moita
tensión, ningún dá nada por perdido, bo xogo, é necesario xogar ben este
partido si quérese gañar, doutro xeito non vale. Impóñense as locais
no primeiro set, pero Zalaeta está aí, xogando ben e no partido e gañan
o segundo claramente. Sobe a tensión na cancha e entre a afección. No
terceiro o Olímpico non as ten todas consigo, nervios, as coruñesas
despregan o seu mellor xogo e lévanse tamén con diferenza o terceiro. A
bancada apoia ás súas e nun cuarto que podería decidir o encontro a
favor das galegas, saen a relucir as individualidades e as canarias
empatan o partido. 
  Ímonos ao quinto con moita tensión nas gradas
e gran xogo na cancha por parte de ambos equipos, pode gañar calquera, o
que non cometa fallos, perderá o que cometa un erro nun mal momento. As
do Instituto adiántanse na primeira parte do tie-break, e no cambio de
campo aproxímanse as locais e ofrécennos un final de partido de infarto,
empates sucesivos e dúas bólas de partido para o Zalaeta, e quen non
aproveita a súa oportunidade, pois xa se sabe, ceden o set máis aló do
límite e con él, o partido. Vitoria para o Olímpico que empata co EMEVE
e disputaranse o pase á semifinal.
  
Mal día de resultados para o Zalaeta malia xogar dous magníficos
partidos no mesmo día, sacando o mellor que levan dentro e forzando aos
rivais a xogar o mellor que sabían si querían gañar. Sen dúbida ao
equipo de Hermida e Cobos abandonouno a sorte, xogar moi ben non foi
suficiente. Quédannos dous partidos, primeiro ante outro equipo canario,
o Aguere, logo xa veremos. Xogámonos o 9º posto.

AUTOS CANCELA ZALAETA    2         JAV OLÍMPICO    3    (21-25; 25-18; 25-17; 20-25 e 15-17)
DURACIÓN:  02H 05M 

  Último día de competición para o Autos Cancela Zalaeta, toca madrugar
para enfrontarse ao Aguere Semavi, outro equipo canario e van tres.
Xógase con tranquilidade, confíase nas posibilidades e en que o bo xogo
despregado nos partidos anteriores teña continuidade, e así é. Un bo
primeiro set que se gaña con diferenza, dá paso a un segundo no que o
rival trata de sorprender e comprime o marcador máis aló do límite, pero
con vitoria que non deixan escapar as coruñesas que queren un partido
de tres sets sen presión. O terceiro de novo apertado é para o Zalaeta
que finaliza como quería, un partido que non se alargase, de menor
esixencia física e no que os cambios xogasen un papel importante para
que as xogadoras puidese rotar e distribuír o esforzo.

AUTOS CANCELA ZALAETA   3     AGUERE SEMAVI   0     (25-12; 28-26 E 25-23)
DURACIÓN: 01H 16M

  Esta vitoria dános paso ao partido que decidiría o noveno posto, e como
non podía ser doutro xeito xogamos contra outro rival canario, o CV
Blockout Las Palmas
. O cuarto.
  
Pola tarde finalizamos a competición no mesmo lugar que comezamos, no
Juan Beltrán nunha pista lateral, máis ampla. Un primeiro set
disputado, con bo xogo por parte de ambos equipos. Poucos erros das
coruñesas e control do xogo que lles permiten poñer o 1-0 no marcador
para dar paso a un segundo no que as de Las Palmas non se atopan na pista e
ceden a maior diferenza do encontro, ao mesmo tempo que o equipo do
Instituto dá paso ao seu banquiño para xogar o resto do partido que
resolven superando ao rival remontando cando había que remontar, e
sabendo pechar ao seu favor cun tanteo axustado pero con autoridade para
finalizar o campionato en 9ª posición.

AUTOS CANCELA ZALAETA  3    CV BLOCKOUT   0  LAS PALMAS 0 (25-22; 25-12 E 25-23)
DURACIÓN: 01H 14M

  O domingo día 10 finalizaba o Campionato na pista central do García San
Román. Xogábanse os partidos polo terceiro e cuarto posto entre os
equipos Neosport Jun e o Professional Answer Alcobendas ás 09:00, e a
final ás 11:00 entre o Ibsa CV CCO 7 Palmas e o CVB Barça.
  
O Alcobendas faise coa terceira posición ao derrotar ao Neosport Jun por
3-0, idéntico resultado ao da final na que o Barça se impúxo ao Olímpico
proclamándose brillante campión do Campionato de España Xuvenil Feminino 2015.

3º e 4º POSTO

       
   NEOSPORT JUN 0   PROFESSIONAL ANSWER ALCOBENDAS 3   (15-25; 20-25 e 23-25)

CAMPIÓN e SUBCAMPEÓN

                            
IBSA CV CCO 7 PALMAS  0    CVB BARÇA 3   (14-25; 25-27 e 17-25)

TAGS: