/XORNADA 26-27/11/2011

XORNADA 26-27/11/2011

VER FOTOS>
   O sábado 26 celebrouse no Pavillón de Calasancias o encontro correspondente a 7ª Xornada da Liga Galega de Cadetes Femininos entre os equipos Calasancias Coruña e Fisiomas Zalaeta que finalizou con resultado de 3-0 favorable ás visitantes con parciais de 22-25, 22-25 e 13-25.
   Foi un partido intenso, interesante para os espectadores, no que os dous equipos disputaron todolos puntos sen concesions. O Fisiomas Zalaeta inicialmente non estivo moi fino en recepción, pero sin dar ningún balón por perdido e con bo xogo de ataque e boa actuación na rede, lograron dobregar a un Calasancias Coruña  que fixo un partido moi ordeado e sin apenas cometer fallos, presentou seria resistencia nos dous primeiros sets  con marcadores moi axustados. O 3ª set foi de claro dominio das xogadoras de D. Hermida para finalizar gañando, 13-25, victoria que lle sirve o equipo do Instituto para colocarse nos primeiros postos da CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
VER FOTOS>
   A continuación, no Pavillón do Instituto Zalaeta enfrontáronse os equipos de Liga Zonal Cadete Feminina Grupo A Fisiomas Zalaeta B eNarón Volea,
un partido dirixido pola colexiada Tania Cobos que tivo unha duración de 59 m. con victoria local de 3-0, con parciais 25-16, 25-22 e 25-7. Adestradores, local Noa Sánchez e visitante Guinazu.
   Fisiomas Zalaeta: 13 Chao, 1 De Piazza, 5 Vera, 12 Busto, 6 Rivas, 8 Jáudenes e 3 Arriaza.
   Narón Volea: 7 Formoso, 11 Noche, 14 Cordoba I., 2 Cordoba, 4 García, 5 Martinez, 10 Rodriguez, 6 Yañez e 8 Paños.
   Na cancha foi superior o Zalaeta que xogou con máis orden e resolveu o partido con mellor xogo de ataque sin darlle opción o cadro de Narón, nunha categoría na que os partido son fundamentais para mellorar. CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________


   

Ás 12:00 comezaba no Pavillón de Calasancias o encontro da xornada nº 7 da Liga Galega Xuvenil Feminina entre os equipos Calasancias Coruña e Fisiomas Zalaeta dirixido polos colexiados D. Borrás e N. Mahía, cunha duración de 59 m., que se saldou cun resultado de 0-3, con parciais de 9-25, 14-25 e 14-25. Adestradores, local, Rumbo e visitante Cueto.
   Calasancias Coruña:  4 García, 13 Ferreiro, 10 Morales, 15 Sánchez, 8 Del Castillo, 7 Vidal, 6 Romero, 3 Fernández e  16 Cruz.
   Fisiomas Zalaeta:  10 Maca, 18 Paula M., 11 Rita, 3 Sofía, 5 Jessy, 6 Patricia, 2 Amara, 13 Marta, 15 Andrea, 7 Paula L. e 9 Lydia.
   O Zalaeta foi netamente superior ó equipo local, ó que superou en todas as facetas do xogo, ben en defensa e cun ataque moi efectivo que desbaratou a defensa contraria, que en ningún momento atoparon o seu sitio na cancha. O Calasancias intentouno todo, pero non conseguiron impoñer o seu xogo. Con este resultado, o Fisiomas Zalaeta continúa, provisionalmente, ao fronte da CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________
VER FOTOS>
   
   Triunfo do Fisiomas Zalaeta ante o Tenerife Sur  no partido correspondente  a  Xornada nº 4 da Liga FEV Feminino por 3-0, con parciais: 25-20, 25-15 e 25-10,  de modo que estrea o seu casilleiro de vitorias.
   Fisiomas Zalaeta: 5 Marta, 10 Sheila, 6 Nancy, 11 Irene, 13 Marta Fraga, 15 Rocio (seis inicial), Líbero 18 Cristal, 4 Maca, 9 Alba, 3 Vero, 7 Laura e 2 Olalla.
   Tenerife Sur: 15 Acosta, 3 Bello, 7 Cabrera, 11 Fernández, 2 Korf, 12 Hohr, (seis incial),Líbero 1 Díaz, 5 Pacheco, 13 Hernández e 8 Ferrera.
Encontro interesante o que nos brindaron ambos equipos, con moita tensión ao comezo, pola necesidade que os conxuntos tiñan de gañar, o que fixo que o primeiro set fose de infarto loitando todos os puntos sen concesións.  Parece que o adestrador local, Jorge Barrero, vai atopando ao equipo titular, e por fin semella que as xogadoras logran un nivel de conxunción adecuado, que lles fai cometer moitos menos erros, o que lles permite acadar  un bo ritmo para esta categoría, perante todo o partido e sen perdas da concentración. O xogo do  Zalaeta non presentou altibaixos, estando ben en todas as facetas do xogo, en particular en ataque, ante un rival que xogou un gran 1º set pero que pouco a pouco se veu abaixo sen lograr imporse no marcador en ningún intre, e que finalmente entregou o partido no último set.

    Para finalizar, mencionar que o Fisiomas Zalaeta presentouse con dúas baixas por lesión: María Galego e Noa Sánchez. Esperamos a súa pronta recuperación.
____________________________________________________________________________
   
   Domingo día 27 ás 12:00 tivo lugar o partido correspondente a xornada nº 8 da Liga de 2ª División Feminina entre os equipos Dompa  Gestión A e CV Zalaeta B no Pavillón dos Remedios dirixido polos colexiados  Palau, López e Martín, con unha duración de 54 m. Adestradores, local  González e visitante Asier  García de Dios. Finalizou con victoria visitante por 0-3 con parciais 14-25, 14-25 e 17-25.

   Dompa Gestión A: 5 González, 13 Fernández, 12 Rivas, 8 García, 7 Vázquez, 4 Marcos, 2 Quintas, 6 López  e  1 González F.

   CV Zalaeta B: 2 Paula R., 1 Paula M., 14 Tere, 7 Susana, 3 Lucía, 10 Jessy, 11 Amara, 8 Patri, 9 Rita, 5 Sofía  e 15 Andrea.

   O equipo herculino  volveu gañar en Ourense mostrando o seu xogo superior, caracterizado por un gran ataque consistente e aberto que resultou imparable para ás rivais. A conxunción das xogadoras e  o seu nivel de adestramento, permítelles as pupilas de A. García de Dios e de F. Cueto pór en práctica gran variedades de xogadas en ataque que as fai merecedoras desta nova vitoria; continuando así invictas e ao fronte da CLASIFICACIÓN.

Fotos deste partido A. Feijoo.

____________________________________________________________________________
Cortesía de MAPFRE- STA. CRUZ-OLEIROS.

TAGS: