/XORNADA 29-30/10/2011

XORNADA 29-30/10/2011

VER FOTOS>
   A xornada de Voleibol de esta fin de semana comenzou o sábado 29 no Polideportivo do Barrio das Flores as 17:00 con un partido de 2ª Division A Feminina que enfrontou os equipos CV ZALAETA B FISIOCHEBEN SAN SANDURNIÑO con resultado favorable as herculinas de 3-0, con parciais: 25-20; 25-17; e 25-15. O encontro foi dirixido polos colexiados Alberto Suarez  e Laura Lago, e tivo unha duración de 1h e 2m. Como adestradores, polo equipo local F. Cueto e polas visitantes Mahía e Rodriguez. .
CV Zalaeta B:  2 Rodriguez, 1 Martinez, 3 Gonzalaez, 7 Naveira, 14 Rincón, 10 López, 5 Hidalgo, 8 Santos, 9 Prieto, 11 Santos P. e 15 Rivas.
Fisocheben San sadurniño:  2, Rodriguez, 7 Corral, 14 Ferreira, 11 HermidaL, 4 Hermida L, 3 Hermida B., 6 López e 10 Mahía.
   O encontro resultou ameno e o resultado pode parecer engañoso xa que o “Sansa” deu a cara na cancha con un bo xogo pero con unha defensa mais floxa, quizais tamén polo acerto do ataque do Zalaeta que no tivo ningún momento de duda, agás no primeiro set no que parece que lle costou algo impoñer o seu xogo para finalizar 25-20, e partir de aquí as xogadoras de F. Cueto controlaron o partido. 
   Unha vez mais o Zalaeta B finaliza a xornada sin encaixar ningún set o que lles permite continuar mandando na CLASIFICACIÓN sin estar pendente de otros resultados. O equipo continúa recuperando xogadoras e en esta ocasión contamos con Tere xa en forma.
VER FOTOS>
   A continuación tivo lugar o partido correspondente a 1ª xornada da Liga  Galega de Xuvenís Masculino
entre os conxuntos AUTOS CANCELA ZALAETA e EMEVE LABORATORIOS NUPEL que se saldou con un resultado favorable os visitantes por 3-0 con parciais 18-25, 22-25, e 10-25. O encontro foi dirixido polos colexiados Laura Lago e Alberto Suarez, tivo unha duración de 1h. e 31m.
   Autos Cancela Zalaeta: 1 Espasandín, 2 Muñiz, 7 De Laviuda, 6 Martinez, 16 Gómez-Reino e 5 García.
   Emeve Laboratorios Nupel:7 Rozas, 15 García B, 14 Fernández, 11 García F, 3 Martinez, 12 Rodriguez, 2 Piñeiro e 8 Bustos.
   O Zalaeta o presentou un equipo moi xusto que botou en falta a algunhos dos seus compoñentes, e no que debutaban os cadetes Nico e Diego. O partido comenzou co EMEVE por diante no marcador  e o equipo coruñés  sin estar convencido das súas posibilidades hasta que foi remontando para finalizar o set con 18, puntos e poñer en serios apuros os do EMEVE no 2º para finalmente virse abaixo no 3º set ante un equipo lucense que aproveitou mellor os fallos do rival.
   O Zalaeta aparece como un equipo de transición con xogadores xóvenes os que lles faltan partidos nesta categoría , pero que forman un grupo unido con ganas de voleibol que a bon seguro irán collendo confianza a medida que avance a liga.
CLASIFICACIÓN

    Simultaneamente tiña lugar en Xixon o encontro correspondente a 1ª xornada de Liga da 1ª división Masculina entre o CID Jovellanos e Autos Cancela Zalaeta que se saldou cun resultado de 3-0 favorable o conxunto asturiano, e con parciais  de 25-22; 25-16 e 25-8. O Zalaeta con un equipo prácticamente diferente o da tempada pasada está falto de partidos para lograr acoplarse mellor. Perderon un partido ante un rival non tan superior como poida parecer polo resultado, o  Zalaeta mantívose no 1º set, 25-22 pero no 2º e 3º veuse claramente superado polo un rival ante o que se quedou sin recursos.
CLASIFICACIÓN

VER FOTOS>

   O domingo 30 no P. Sagrada Familia tivo lugar un dobre enfrontamento FISIOMAS ZALAETA – EMEVE LABORATORIOS NUPEL nas categorías Cadete e Xuvenil Feminino. As 11:00 comenzou o partido entre os equipos cadete que finalizou con victoria das lucenses por 2-3 con parciais: 15-25, 26-24, 18-25, 25-23 e 12-15, foi arbitrado polo colexiado A. Borras e  tivo unha duración de 1h e 56m. Adestradores: local D. Hermida e visitante J. Valle.
   CV Zalaeta: 16 Rivas A, 13 Ceba, 9 Rey, 15 Pardo, 17 Miluska, 1 Maneiro, 18 Villaverde, 4 Féliz, 17 Alonso, 8 Tabeayo, 11 Lema e 12 Rivas I.
  EMEVE: 14 Folgueira, 17 Mourelos, 9 Uriz, 10 Rodriguez, 13 García, 11 Martinez S, 5 Martinez D, 4 Arias, 7 Saa e 6 Araujo.
   O primeiro set, no que as do Instituto parecían esta ausentes, foi claramente do EMEVE. Pero a reacción do Zalaeta da man do seu adestrador David fixo que o partido resultara  intenso e emocionante con un xogo moi equilibrado entre os dous coxuntos tanto en ataque como en defensa, con errores repartidos por igual, que tan so se decantou polas visitantes no “tie break” por 12-15. Boa sensación é a que nos deixa este equipo a pesares da derrota.
 CLASIFICACIÓN

VER FOTOS>

   A continuación celebrouse  o encontro de categoría xuvenil entre os equipos de F. Cueto e J. Valle que finalizou 0-3 con parciais 17-25; 19-25 e 19-25.Foi arbitrado polos colexiados Alberto Suarez e Antonio borrás e con unha duración de 1h e 1m.
   FISIOMAS ZALAETA: 10 Macarena, 18 Paula M, 17 Patri, 11 Rita, 5 Jessy, 6 Amara, 13 Marta, 3 Sofi, 9 Lydia, 7 Paula L. e 15 Andrea.
    EMEVE LAB. NUPEL:  9 Yañez, 7 Dominguez, 9 Rozas C, 3 Rozas B, 12 Carvajal, 1 Merino, 10 Pérez, 6 Bovio, 14 Folgueira, 17 Uriz, 13 García e 5 Arias.
    Contundente resultado a favor do  EMEVE que comenzou o partido con moita forza e en ningún momento deixou que as xogadoras de Zalaeta atoparan o seu lugar na cancha. O 2º set levounos a unha tímida reacción das locais pero non puideron cambiar o desenrolo do partido. Moi bon partido do EMEVE que demostra o seu potencial con un gran ataque en unha boa defensa na que se estrelaban os ataques das coruñesas. O Zalaeta debe de recuperar a confianza para poñerse o seu nivel, que non é o que parece indicar o resultado, e continuar nos postos altos da CLASIFICACIÓN.

Gentileza de TECNOSOS GALICIA

TAGS: