/PARTIDO DE VETERANS EN ZALAETA

PARTIDO DE VETERANS EN ZALAETA

 

 

  Non paran os veterans do Club Instituto Zalaeta Voleibol, continúan coas súas sesións de adestramentos e posta a punto e concertando partidos para medirse a outras escuadras mantendo vivo o espírito voleibolístico que os caracteriza.

  Nesta ocasión o invitado era un combinado do CV Aldebarán de  San Sadurniño que se achegou ao Pavillón de Zalaeta para participar neste espectáculo disputando un partido ante os veterans do Instituto, desculpa para acceder ao «terceiro tempo» obxectivo real da visita.

  Os espectadores gozamos dun partido ameno e disputado no que o Zalaeta comezou facendo valer o factor cancha e gañou o primeiro set para ceder o empate no segundo. Non nolo podiamos crer, o partido moi rifado, parecía de liga de xuvenís, non afrouxaban ningún dos dous equipos e disputaban todas as bólas sen complexos. No terceiro parece que aos locais chegáballes e non había suficiente recambio, perden o set coa maior diferenza do encontro. Pero era un espellismo, no seguinte son capaces de remontar e endosarlles aos rivais do Sansa un resultado parecido e lograr o empate para chegar ao quinto set facendo gala dunha boa preparación física.

  Nun quinto set moi igualado, 7-8 no cambio de campo, acaba impoñéndose o equipo visitante cun axustado 13-15. O resultado foi un 2-3 con parciais. 25-21; 22-25; 12-25; 25-19 e 13-15. Dispostos a seguir dando exemplo este grupo de veteranos prométennos que iso terá continuación, mentres tanto vanse a por unhas tortillas que os están esperando a volta da esquina.

PARA VER FOTOS DO PARTIDO....AQUÍ