/EQUIPO DE CADETES B

EQUIPO DE CADETES B

  O equipo de cadetes CV Zalaeta B atópase xogando a segunda Fase de promoción no grupo A de 3ª División Autonomica despois de disputar a Fase Zonal encadrado no grupo D. Nesta fase xóganse os ascensos de categoría, pero o equipo do Instituto perdeu as súas posibilidades no partido que onte sábado enfrontábaas no Pavillón de Zalaeta ao conxunto de Calasancias Coruña B que se impuxo cun resultado de 0-3.

Resta por xogar un encontro, ante o CV Narón Volea o próximo día 28 no P. Campo da Serra de Narón.

Finalizan de este modo unha tempada que lles resultou curta, botan de menos mais partidos para poder avanzar mais e desenrrolar o practicado nos adestramentos.

O equipo a cargo da adestradora Mery Martínez está composto polas seguintes xogadoras, de arriba abaixo e de esquerda a dereita: Sabela, Icía D. Nerea, Verónica e Mery; Alba, Io, Icía F. e Laura.