/PARTIDOS EN MONTE DAS MOAS

PARTIDOS EN MONTE DAS MOAS

  Ambiente deportivo nas instalacións coruñesas de Monte dás Moas onde puidémos ver gozar do Voleibol a numerosas nenas e nenos ao longo da mañá do sábado disputando os seus diferentes partidos cos rivais-amigos doutros equipos.

  O club do Instituto participaba con tres equipos, dous alevíns, A e B e un infantil B que xogaron os seus partidos ao longo da mañá con rivais correspondentes á fase actual.

  Os equipos de alevíns, a cargo da adestradora Patri Santos, xogaron en primeiro lugar o Alevín B contra Xiria perdendo por un resultado de 2-0, e a continuación disputaron un segundo encontro ante o Liceo C gañando as do Instituto por 2-0. O Zalaeta Alevín A enfrontouse ao Liceo D ao que gañaron por 2-0. Pola súa banda o equipo Zalaeta Infantil B,dirixido pola adestradora Andrea Rivas, xogou ante o CV Oleiros un emocionante encontro no que houbo que recorrer ao desempate e no que finamente se impuxéron por 2-1.

  Destacar o bo ambiente vivido nestas xornadas de XOGADE así como o labor de base destes equipos ao longo de toda a tempada e agradecer o esforzo tanto das xogadoras como a inestimable colaboración dos pais e adestradoras.

  Parabéns a todas e os nosos mellores desexos para que sigan gozando do voleibol¡¡