/SF2: CONAVI XUVENIL TEIS 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

SF2: CONAVI XUVENIL TEIS 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

  Desprazamento a Teis para disputar o partido correspondente á undécima xornada de SF2, segundo derbi da tempada fóra de casa. O encontro comeza como estaba previsto ás 18:15 dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro e finaliza cunha duración de 2 h. 19m. e un resultado de 3-2 favorable as locais con os seguintes parciais: 17-25; 25-14; 21-25; 25-18 e 19-17.

   CONAVI XUVENIL TEIS: Noemí Araujo, Tea Andric, Sabela Moreno, Aida Pérez, Lorena Cruz, Federica Farabegoli, Laura Martínez, Tania Boelle, Carla Figueroa, Eva Lois, Alicia Otero e Cristina Vázquez.

  Adestrador Celso Veloso.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. 

  Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Segundo derbi da tempada ante o Xuvenil, tamén fóra de casa, nunha xornada na que pouco podía achegar á clasificación, difícil sería gañar e avanzar un posto na táboa.

  No primeiro set impúxose o Zalaeta claramente, aínda que ambos os equipos cometeron poucos erros, maior eficacia en ataque e o mellor xogo despregado polas visitantes subiron o 0-1 ao marcador.

  No segundo cun comezo moi igualado a partir do 11-11 o Teis pon aos poucos terra polo medio, e faille pagar caros os erros a un Zalaeta romo en ataque, con tan só 6 puntos no set.

  No terceiro set, o Xuvenil animado polo resultado do anterior adiántase, pretende dominar e avanzar no marcador, pero comete demasiados erros que o equipo de Barrero sabe aproveitar a pesar dos seus escasos números en ataque, 28%, pero con eficacia no saque. Un parcial de 0-6 deixa o marcador nun 19-23 suficiente para o 1-2 que lle permite ás coruñesas sumar xa un punto. As locais teñen que remontar se queren puntuar, e conségueno nun set no que de novo o ataque do Zalaeta apenas existe, 7 puntos e os erros cometidos fan o resto, nun set no que as de Veloso tampouco estiveron especialmente ben, fixeron o que tiñan que facer e conseguen o empate.

   Repartición de puntos de momento nun derbi que se manifesta como tal, partido difícil, longo e incerto, que necesita do quinto set para decidirse, e no que de momento cada equipo ten 1 punto. No tie- break un ataque de Alba pon o 0-1 no marcador, pero unha serie de erros seguidos propicia un 5-1. Complicado, nun set curto é moi importante o comezo, as visitantes están obrigadas a remontar, e aos poucos conségueno, 8-8 no marcador e a partir de aquí, poucas diferenzas, ningún equipo permite ao contrario distanciarse, un ou dous puntos de diferenza e empate no marcador, tensión como corresponde a un derbi. O Zalaeta consegue o empate a 17, pero un ataque do Xuvenil e un erro das visitantes deixa un 19-17 no quinto que lle dan os dous puntos ás locais.
   Tea Andric con 24 puntos máxima anotadora do encontro, seguida no Conavi Xuvenil Teis por Federica Farabegoli con 19 e Lorena Cruz con 11. Por parte do Autos Cancela Zalaeta, unha vez máis Alba Quirós con 23 puntos máxima anotadora seguida de Inés Rivas con 10 e Susana Suarez e Marta Fraga con 9 cada unha. Esta xornada non achega cambios na clasificación, o Autos Cancela Zalaeta continúa en 6ª posición con 18 puntos. Na próxima xornada de novo desprazamento para xogar en Cantabria ante o CV Torrelavega o sábado 9.

Fotos J. Vázquez:   https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=photos.app.goo.gl/QkFIpM0EksTZ9KHU2