/SF2: UNIVERSIDAD VALLADOLID 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: UNIVERSIDAD VALLADOLID 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Partido correspondente á 7ª xornada de liga regular de SF2 disputado no Pabellón Fuente de la Mora de Valladolid a partir das 18 30. Dirixido pola colexiada Diana Rico, finalizou cun resultado de 3-3 (23-25; 25-23; 16-25 e 18-25).
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Andrea Pinillos, Sonia Martín, Marta Olmedo, Aída Illerías, Elisa Galán, Mª Vitoria López, Ángela González, Raquel de Pedro, Anaís Álvarez de Granada, Lucía Olmedo, María Medina, Rebeca García e Jimena Tamayo.
Adestrador Álvaro Hernández.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema, Andrea Rivas, Calíope García, Laura Vázquez, Marta Fraga, Inés Rivas, Susana Suarez e Nóa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

Vitoria importantísima de fronte ao obxectivo do equipo este ano. Vitoria máis efectiva que vistosa, pero que vén como un bálsamo nun momento da tempada no que as lesións mermaron a plantilla. Do 6 inicial de fai 3 xornadas, contamos con 3 lesionadas e Andrea que presentaba molestias, era o momento de poder aproveitar o todo o banquiño co que contamos este ano.

Como comentaba antes non se tratou dun partido brillante pola nosa banda, pero si moi efectivo, un primeiro set algo máis centradas, excepto na parte final na que empuxou con máis forza o conxunto vallisoletano, levámonolo con claridade. Preparamos a semana en base á importancia do encontro e así foi.

Logo no segundo set relaxámonos e o ritmo marcárono elas, non por alto senón por acomodamento noso que nos fixo cometer moitos erros, o que lles permitiu levar o set e poñer o 1-1 no marcador. No terceiro custounos entrar no xogo ao principio, pero a mediados de set un parcial de 15-3 ao noso favor declinou claramente a balanza ao noso lado.

No cuarto set fomos moi efectivos, aproveitamos que nelas pesou moito o terceiro e comezaron con moito erro, o que nos permitiu distanciarnos rápidamente.

Con esta vitoria saldamos con 4 puntos o dobre desprazamento a domicilio da xornada anterior e esta, tamén nos deixa un colchón para esperar con tranquilidade a reincorporación das compañeiras lesionadas xa que sumamos 13 puntos a falta de 4 xornadas para pechar a primeira volta.

A próxima semana uno dos maiores ósos da liga, o CAEP Soria que nos visita en pleno estado de forma.

Fernando Cueto.

Voleibol femenino SF2 UVa-Autos Cancela Zalaeta  4/11/17            https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=fuentelamora.es/partidos-2017/

Fotos J. Vázquez:   https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=photos.app.goo.gl/xRbLQIFIQFUbv9pt2