/ENTREVISTA A LYDIA ALONSO

ENTREVISTA A LYDIA ALONSO

 
  Hoxe é a quenda de Lydia Alonso, que serve para comezar a rolda das xogadoras, quenes son e que pensan.
  Lydia
é a xogadora máis nova do equipo de SF2, con 17 anos leva tres tempadas
competindo en categoría nacional, alternando en máis dunha categoría, e o
máis importante deportivamente, no punto
de mira dos técnicos das distintas seleccións nacionais coas que ata o
momento participou en diferentes competicións en categoría xuvenil.
Fainos un balance da tempada,

  Que foi o mellor e o peor?

   O equipo
empezou a adestrar moi duro dende o principio, para min o mellor foi o
bo ambiente entre nós en todo momento, sobre todo nos quentamentos antes
dos partidos onde nos animamos moito, o peor foi non nos poder
clasificar para a Copa Princesa, estivo moi preto… Pero ben, non nos
rendemos.
  En Coruña caeron todos os equipos, cal é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?

   O apoio da afección e moitas horas de adestramento nesa pista.

 Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?

   As
estatísticas individuais non son máis que o resultado colectivo do
equipo, todas as accións do xogo dependen da anterior e condicionan a
seguinte, cada unha intenta achegar o máximo pero creo que unha xogadora
é boa grazas ao apoio e a calidade do resto de compañeiras.

 Esperabas este rendemento tanto teu coma do equipo?

   Eu sempre penso que podería ter feito máis a nivel individual, pero como equipo estou bastante contenta e satisfeita.
 A súa dedicación á par das
súas condicións físicas fan que o rendemento desta xogadora, central de
1,90, destaque no máis alto nivel, así podemos vela no equipo ideal da
tempada de SF2 e no terceiro lugar das estatísticas de bloqueadoras, con
58 «killing blocks» en tan só 17 encontros disputados á par que máxima anotadora do Zalaeta.
Alto rendemento que chamou a atención do seleccionador Pascual Saurín que a chamou para incorporala á disciplina da Selección Nacional Absoluta
 Que supón a convocatoria da Selección Absoluta para as concentracións de verán, é un premio á tempada realizada?

  É
unha oportunidade que se debe aproveitar, sendo consciente do duro que
vai ser, pero se no futuro quero chegar lonxe teñome que espelir cun alto
nivel de adestramento. Pode que sí sexa un premio á tempada, pero eu
diría que é merito de todo o equipo e todos os que me axudaron, nunca é un merito só individual.
 Que porcentaxe de culpa ten o adestrador nos éxitos do equipo? E as xogadoras?

   O
posto de adestrador nun equipo require moita responsabilidade e
traballo, o adestrador ou adestradora dá as instrucións que considera
correctas ou mellores e as xogadoras lévanas a cabo. Cando o equipo
consegue o que se propoñía o merito é tanto das xogadoras coma do adestrador.

 Que che pon dos nervios durante un partido?

  
Ver que non somos capaces de remontar un set ou que as cousas non saen,
perdemos a confianza e non damos arrancado, pero só pasando eses malos
anacos, pódense superar.

 Como se compaxinan os estudos cos adestramentos e a participación en dúas categorías como son Xuvenís e SF2?

  Con moito sacrificio e esforzo, é moi difícil porque nunca se consegue
dedicarlle o mesmo ás dúas cousas, sempre tes unha preferencia.
  Un día de descanso, sen nada que facer a que o dedicarías? que te distrae, que te relaxa…

  Non
me adoitan gustar os descansos porque noto que perdo forza que podería
estar a gañar adestrando. Aínda que de todos os xeitos ás veces o corpo
necesita un descanso para render mellor no seu momento. O meu tempo
libre quitando as interminables horas de estudo dedícoas a saír un pouco
da rutina, nada en particular.

 Que importancia lle dás ao deporte?

 
O deporte co tempo, achega unha mentalidade máis loitadora e se é en
equipo, a capacidade de conseguir un obxectivo común con traballo
colectivo.

 
ETIQUETAS: