/CESSA VOLEIBOL 2015

CESSA VOLEIBOL 2015

  Hoxe mércores comeza o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará en Valladolid os días do 9 ao 12 de Abril nas categorías de Infantiles e Cadetes masculinos e femininos.
  Os
equipos que representan a Galicia desprazáronse no día de onte á cidade
castelá para comezar hoxe a competición, co listón moi alto despois da
sensacional actuación do ano pasado que se saldou cun primeiro posto en
Cadetes Femininos, terceiro lugar en Infantil Masculino, cuarto lugar
para Infantís Feminino e noveno Cadete Masculino.
  Forman parte das correspondentes seleccións as xogadoras infantil e cadete do CV Zalaeta, Claudia Carreja e Lidia Gudge.
  Claudia,
colocadora do equipo infantil de Liga galega é convocada por primeira
vez despois de realizar unha excelente campaña no seu equipo cunha gran
progresión ao longo de toda a tempada. A cadete Lidia Gudge, que milita nunha categoría superior, realizou a presente tempada co equipo xuvenil do Instituto e alternando coa competición en 2ª Div A.
Antiga central reconvertida en receptora, é convocada de novo despois
de formar parte da Selección Campioa do 2014, así mesmo, tamén repite o tandem de adestradores do Club, Cristina G. Bermejo e Fernando Cueto, que parten para Valladolid coa ilusión de reeditar o éxito do ano pasado.

ETIQUETAS: