/XORNADAS DEPORTIVAS DE SEMANA SANTA E CONCENTRACIÓN DAS SELECCIONS

XORNADAS DEPORTIVAS DE SEMANA SANTA E CONCENTRACIÓN DAS SELECCIONS

VER + FOTOS

  Finalizan as Xornadas de Iniciación e Tecnificación de Semana Santa organizadas por de C.I.Zalaeta,
que se desenvolveron estes días no Pavillón do Instituto, coa entrega
de diplomas aos asistentes na sesión da tarde de onte despois da
celebración duns partidos entre os participantes que eles mesmos
organizaron.
  O bo ambiente e o compañeirismo imperaron nunhas
xornadas de voleibol nas que a diversión forma parte dos obxectivos
formulados sendo importante o aspecto lúdico da convocatoria que á vez
serve de medio para entaboar amizades con xogadores doutros equipos ou
doutros centros escolares diferentes.
  Estas xornadas dividíronse en
Iniciación e Tecnificación, as primeiras para aqueles que non coñecen o
Voleibol e as segundas para os que queren mellorar o seu nivel e
continuar aprendendo.
  Cubríronse todas as prazas ofertadas, ao final
escasas xa que problemas de dispoñibilidade de centros deportivos fixo
reducir o n.º na convocatoria provocando que houbese quen quedara sen
poder asistir a estas xornadas. En próximas convocatorias non teremos os
mesmo problemas de espazo polo que vos animamos a estar atentos ás
seguintes celebracións.
  Grazas a todos os participantes polo bo
ambiente logrado estes días e á súa colaboración e disposición para que
estas xornadas poidamos clasificalas de positivas.
  Realizáronse dous grupos, pola mañá de Iniciación e pola tarde o de Tecnificación, dos que a directora destas xornadas, Tania, nos dá a súa impresión:
  Xornadas de Iniciación.
 Cubrimos todas as 20 prazas ofertadas, catro nenos e o resto nenas. Había participantes de Liceo, Franciscanos, Zalaeta
e tamén que non pertencían a ningún club. Foron tres días intensos nos
que traballamos sobre todos os aspectos técnicos destas categorías e nos
que tamén fomentamos o xogo cooperativo e a competitividade.
 Durante
o primeiro día podíase diferenciar os grupos que había segundo a súa
procedencia, pero pouco a pouco a súa integración nun só grupo era unha
evidencia, de feito, na xornada final eles mesmos organizáronse en
diferentes equipos sen distinción da súa procedencia.
 Todos os
participantes responden cando se lles pregunta, que lles gustaría que
estas xornadas fosen durante mais días e que fosen máis horas, está
claro que teñen unha enerxía ilimitada.

  Xornadas de Tecnificación.
 Cubríronse as 15 prazas que puidemos ofertar, con participantes de clubs como Xiria, Liceo ou Zalaeta, nuns días nos que o obxectivo era dar unha atención personalizada aproveitando o n.º de participantes.
 Centrámonos fundamentalmente na parte técnica, pero tamén en algo tan importante e que as veces esquecemos como é o quentamento e na prevención de lesións. Tamén demos unhas pinceladas sobre o traballo de fitball, muscular e velocidade.
 En
xeral dous grupos con obxectivos distintos, pero que tiveron en común a
gran disposición dos participantes. Marabillosos rapaces e rapazas que
esperamos volver ver pronto.
 Grazas a todos, no verán teremos outra cita!!


   SELECCIÓNS

Claudia Carreja (15) e Lidia Gudge

  A FGVB celebra a última concentración de xogadores das Seleccións Autonómicas en Noia de cara aos CESSA 2015 de Valladolid.
  Os días 4, 5 e 6 deste mes concéntranse o Alonso Rodríguez de Noia
as xogadoras que formarán as seleccións infantís e cadetes que
representarán a Galicia nos Campionatos de Seleccións que se celebrarán
en Valladolid do 9 ao 12 de abril.
  A
concentración farase dende o sábado ás 11:00 ata o luns ás 18:00, e dela
sairán os convocados para asistir a estes Campionatos. A estas xornadas
están citadas as xogadoras do C.I Zalaeta, Claudia Carreja, colocadora en categoría Infantíl, e Lidia Gudge, receptora en categoría Cadete, ás que lles desexamos sorte para estar incluídas nas relación final.
  A Selección Galega defenderá o título na categoría Cadete logrado na anterior edición 2014 celebrado tamén en Valldolid do que formaba parte a xogadora Lidia Gudge, mentres que a selección de Infantiles loitará por mellorar a cuarta praza lograda o ano pasado na mesma competición.

ETIQUETAS: