/XORNADA 10-11/12/2011

XORNADA 10-11/12/2011

VER FOTOS>
   Vitoria do Autos Cancela Zalaeta na 8ª Xornada da Liga Galega Xuvenil  Masculina ante o Trillizos Boiro Voleibol en partido disputado hoxe ás 10:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta. O encontro,  dirixido polos colexiados Y. Espasandín e N. Mahía, tivo una duración de 2h. e finalizou cun resultado de 3-2 con parciais: 25-20, 25-23, 23-25, 17-25 e 15-13. Adestradores, local J. Lendoiro e visitantes Alves e Martinez.
   Autos Cancela Zalaeta:  9 Espasandín, 16 Martinez, 7 García, 2 De la Viuda, 6 Muñiz, 15 Pérez, 5 Gómez-Reino e 8 Gutierrez.
   Trillizos boiro Voleibol:  9 Herrera, 8 Santos, 13 Vázquez D., 10 Sánchez, 7 Rey, 14 Vázquez L., 6 Dieste, 4 Matinez, 15 Lojo, 12 Gatbache e 2 Pérez.
   Emocionante partido o disputado esta mañá nas instalacións do Instituto, no que o Zalaeta ofreceu a mellor cara no que vai de liga, logrando un traballado triunfo ante un Boiro que fixo o seu partido, moi ordeado e prácticamente sin altibaixos en todolos sets. Os dous primeiros foron para os locais, que lograron imporse no marcador cun bo xogo de ataque e gran eficacia na rede. A partir do terceiro set , de novo, os fallos non provocados fixeron que un partido que se estaba resolvendo moi  axustado ,  se decantase a favor dos de Boiro, que continuaban a facer un xogo moi serio sen erros, de modo que a tensión era palpable e parecía que o Zalaeta  abandonaba o xogo do inicio do encontro para ceder os 3º e 4º sets. No “tie break”, os pupilos de Jorge Lendoiro,  despois dun comezo incerto,  lograron centrarse e gañar o partido cun resultado de  15-13.  CLASIFICACIÓN.
_________________________________________________________________________

VER FOTOS>

   A Continuación na mesma cancha xogábase o partido correspondente a 8ª Xornada da Liga Galega cadete Feminino entre os equipos Fisiomas Zalaeta e Liceo La Paz, dirixido pola colexiada Nuria Mahía, e que tivo unha duración de 01h 35m. Vitoria visitante por 1-3 con parciais 11-25, 20-25, 27-25 e 19-25. Adestradores, local D. Hermida e visitante  Pérez.
   Fisomas Zalaeta: 16 Andrea, 3 Ana, 9 Raquel, 13 Villaverde, 8 Nerea, 11 Paula, 1 Maneiro, 14 Laura, 7 Delgado, 4 Feliz e 17 Lydia.
   Liceo La Paz: 4 Quirós, 12 Opazo, 8 Pérez, 9 Suarez, 5 Ferreño, 3 Calvo, 13 Larios, 10 Abad, 7 Gudge e 2 Domingo.
   Partido claramente do Liceo que dominou dende o comenzo, cun parcial no 1º set 11-25 no que as xogadoras do Zalaeta parecían non estar na cancha. O 2º set foi mais igualado, a reacción das locais non se fixo esperar, pero con demasiados fallos que as xogadoras rivais aproveitaron ben para imporse no marcador. No terceiro set as xogadoras de D. Hermida centraronse mais e con un bo xogo de ataque e eficacia na rede lograron un resultado, apretado pero favorable para chegar ó 4º e derradeiro set no que as do Liceo impuxeron a sua veteranía na categoría e co bo xogo de ataque e boa defensa que mostraron a longo do partido resolveron a o seu favor 19-25 e con él o partido. Deste modo o Liceo encabeza a CLASIFICACIÓN.
_________________________________________________________________________
 

VER FOTOS>

  Continua a xornada pola tarde, co enfrontamento entre Fisiomas Zalaeta B e IES Ames B correspondente a Xornada 6 da Liga Zonal Cadete Feminina Grupo A, dirixido pola colexiada Irene Vázquez e que tivo unha duración de 01h 12m. Rematou o partido cun resultado  favorable as visitantes de 0-3, con parciais 21-25, 21-25 e 25-27. Adestradores, local, Noa Sánchez e visitante Lizuaín.

   Fisiomas Zalaeta B:4 Feliz, 10 Conde, 13 Chao, 7 Arriaza L., 11 Bermudez, 2 Riveiro, 5 Vera, 8 Jaudenes, 3 Arriaza N., 6 Rivas, 1 Di Piazza e 12 Lois.
   IES Ames B: 3 Baliñas, 11 Rmaos, 10 Miras, 1 viaño, 6 Freira, 17 Pazos e 16 Suarez.
   Partido axustado como pode verse no marcador no que as diferencias non son abultadas, pero con vitoria de Ames que presenta un conxunto mais acoplado e que comete menos fallos e aproveita os das contarias. Encontro propio destas categorías no que se busca e aprender e o rodaxe das xogadoras. Ver CLASIFICACIÓN.
_________________________________________________________________________
 

   Destacar que nesta xornada deu comenzo a Liga zonal Infantil Feminina Grupo A Coruña-Ferrol, na que se enfrontaron os equipos A.D. Xiria Gestiber e CV Zalaeta Mixto co obxetivo de aprender e divertirse xogando o volei. O partido, que estivo dirixido pola colexiada Tania Cobos e os adestradores Outeiro Xiria e Noa Sánchez de Zalaeta, tivo unha duración de 58 m.
   A.D. Xiria Gestiber: 8 Rega, 9 Caamaño, 14 Vila, 1 Arán, 4 Loureiro, 12 López, 7 Lista J., 3 Pombo, 8 Lista R.,6 Canedo e 10 Regueira.
   CV Zalaeta Mixto: 5 Rivas, 3 Vera, 2 Arriaza, 1 Di Piazza, 11 Espada, 4 Jaudenes, 10 Dans e 6 Fernández.
   O partido rematou cun resultado de 3-0 favorable ó Zalaeta.
_________________________________________________________________________

VER FOTOS>

 

   No P. Municipal da Sagrada Familia de A Coruña, tivo lugar o encontro de 1ª División Masculina correspondente a 6ª xornada entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e Intasa San Sadurniño dirixido polos colexiados Borrás, Liste e Lago, que tivo unha duración de 01h 46m. Adestradores, local, A. Losada e visitante E. Mahía.
   Autos Cancela Zalaeta: 1 Losada, 8 Gómez-Reino, 9 Feijoo, 13 Lendoiro, 10 Dorritt, 5 Pereira, 12 de Valenzuela, 3 García de dios e 2 Espasandín.
   Intasa San Sadurniño: 7 Blanco, 5 Piñón, 1 García, 14 Touriñán, 4 Mahía, 13 Rodriguez, 8 Montero, 10 Dos Santos, 15 Tovar, 17 Gonzalez e 12 Sixto.
   O resultado, 1-3 con parciais 15-25, 25-21, 12-25 e 14-25, significou unha nova derrota de Zalaeta, que comenzou o partido por detrás do S. Sadurniño no 1º set para ter unha espectacular remontado no 2º set no que se impuxo con un gran xogo de ataque e moi boas accións na rede bloqueando o remate do rival. Pero a partir do 3º set o equipo de S. Sadurniño demostrou o porqué de ese 1º posto compartido na táboa clasificatoria e non deu opción ós da Coruña con un ataque moi potente , imparable para a defensa local, que se viñeron abaixo e cederon con pouca resistencia e bastantes erros os dous derradeiros parciais.
   Do partido quedámonos con ese set gañado que amosa o que é capaz de facer este equipo ó que lle falta continuidade e confianza, ó que tamén as lesións e diferentes problemas en trámites administrativos impiden presentar na cancha un equipo mais completo e competitivo.
_________________________________________________________________________

VER FOTOS>

   Para finalizar, destacar que o CV Zalaeta B de 2ª A Feminina xogou o partido correpondente a  10 Xornada de Liga fronte ó CD Conxo, dirixido polos colexiados Cordeiro e Sánchez Tallón, no Restollal, cunha duración dunha hora, logrando unha nova vitoria por 0-3 con parciais de 14-25, 15-25 e 17-25. 
  CD Conxo: 1 González, 7 Lópes, 4 Aboy, 13 De Dios, 11 Suárez, 3 Nogareda C., 16 Nogareda L. e 14 Mohamed.
   CV Zalaeta B:2 Paula R., 1 Paula M., 3 Lucía, 7 Susana, 5 Sofía, 8 Patri, 9 Rita, 10 Jessy e 15 Andrea. 
   O partido foi dende un principio favorable para as visitantes, que xogaron cun ataque moi eficaz, como é a costume, e formaron un muro na rede, impedindo o paso de primeiras bólas, e dificultando o ataque das rivais. E a pesares de gañar tranquilamente o primeiro set, a perda da concentración nos seguintes facilitou  o xogo das de Conxo, que tentaron subir puntos no marcador, pero sen conseguir gañar ningún set. Con este resultado, o Zalaeta continúa imbatido ó fronte da CLASIFICACIÓN.
   O mércores 14, o partido aprazado contra UDC Autos Rico.

Gentileza de TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE OCIO GALICIA SL

ETIQUETAS: