/FASE FINAL DA COPA GALICIA DE VOLEIBOL 2011

FASE FINAL DA COPA GALICIA DE VOLEIBOL 2011

VER FOTOS>

   Celebrouse a Fase Final da Copa de Galicia 2011 en dobre xornada de mañá e tarde na Casa do Deporte de Lugo sin que houbera sorpresas. Xogáronse as semifinais pola mañá, entre os catro equipos clasificados por cada categoría sin que nada se saíse da loxica imposta polo nivel dos contendentes, xa que en ambas categorías venceron os seus encontros os equipos de Superliga. Na categoría Feminina A.D. Pinguela impúxose ó Xuvenil de Teis por 3-1, nun partido no que as de Monforte fixeron valer o seu mellor ataque ante un Xuvenil que non realizou o seu mellor partido; pola sua banda o EMEVE superou ao Fisiomas Zalaeta por 3-1, comenzando moi ben as de Lugo ante un rival que lle deu todo tipo de facilidades nos primeiros sets, e que cando reaccionou puxo en apuros o EMEVE logrando o 3º set pero caendo de novo no cuarto. Arranxouse así una final esperada entre EMEVE e A.D. Pinguela na que o equipo de Monforte superou as locais nun bo partido no que so cedeu un set, o 3ª, 26-24, revalidando de este modo o título obtido o ano pasado e sumando un mais a lista de triunfos neste torneo.
   Paralelamente xogaban os finalistas masculinos tamén na mesma cancha. Na primeira eliminatoria o EMEVE impúxose o Nautico Boiro Voleibol nun axustado partido no que os de Boiro tiveron problemas en defensa o que que aproveitou o EMEVE para impoñer o seu ataque e levar o partido. Pola sua banda o Club Voleibol Vigo e o Intasa San Sadurniño xogaron o seu partido con victoria dos vigueses que se impuxeron facilmente por 3-0. De novo cupríase o pronostico, con unha final entre os dous mellores equipos, EMEVE e C V Vigo na que se impuxeron os de Vigo ante un EMEVE que deu a cara con unha gran defensa nos dous primeiros sets pero que se viu abaixo no 3º, 12-25. Unha vez mais o CV Vigo leva un trofeo do que parece ter a exclusiva polo número de veces que é gañador.
   Felicidades ós gañadores A.D. Pinguela e Club Voleibol Vigo.

   O Fisiomas Zalaeta xogaba a sua eliminatoria co equipo anfitrión, EMEVE Laboratorios Nupel, nun partido que daba comenzo ás 12:10 dirixido polos colexiados Dominguez, Lea e Bouza e que tivo unha duración de 01h 21 m. Adestradores, local Valle e visitantes Barrero e Cueto. Resultado favorable ás lucenses por 3-1, con parciais 25-16, 25-13, 25-27 e 25-20.
   EMEVE Laboratorios Nupel: 2 Corral, 5 Bouza, 8 Valle, 3 Rozas, 4 Yañez, 6 Bovio, 7 Pena, 9 Rozas, 10 Pérez, 12 Carvajal, 14 Folgueira e 18 Chukwura.
   Fisiomas Zalaeta: 5 Marta, 17 Noa, 18 Cristal, 9 Alba, 6 Nancy, 2 Olalla, 10 Sheila, 15 Rocío, 3 Verónica, 7 Laura, 11 Irene e 4 Maca.
   O Zalaeta comenzou o partido sin encontrarse na cancha ante un EMEVE ó que lle chegaba con facer o seu xogo, ordeado, ben en defensa e en ataque que aproveitaba os fallos do rival para porse por diante no marcador comodamente no 1º e 2º sets. Os cambios introduciods por Jorge Barredo no 3º set déronlle un xiro ó partido e puxo en serios apuros as de Lugo que cederon un set cun apretado 25-27. Parecía seria a remontada de Zalaeta, pero a pesares de dar a cara e xogar a un nivel moi aceptable, con menos fallos que nas duas primeiras rondas caeron ante un equipo local que fixo valer a súa militancia nuha categoría superior.
   O fin de seman descanso, para xogar dous partidos de liga regular seguidos ós días 17 e 18.

ETIQUETAS: