/XORNADA 22/10/2011

XORNADA 22/10/2011

VER FOTOS>
   Esta fin de semana as competicions xa iniciadas de categorías inferiores sufriron un parón debido as concentracions, convocadas pola Federación, das respectivas Seleccions, e as categorías absolutas ainda non comenzaron a Liga. Mentres tanto sí xogaron  os equipos de 2 ª A Feminino que tiveron onte día 22 a súa terceira xornada que enfrontou aos equipos CV Zalaeta e CV Bruxas 
no municipal de Bertamirans as 19:00 cun resultado favorable ás visitantes  de 0-3 cos seguintes parciais: 10-25; 11-25; 20-25, partido, que se resolveu en 1h. 10m.  Árbitros A. Borrás e D. Borrás. Ambos os dous equipos presentaron as seguintes formacions:
   CV Bruxas:  6 Gonzalez, 5 Bouza, 10 Ramos, 4 Brenlla, 14 Martinez, 3 Lizauin, 11 Rivas M, 17 Rivas X, 9 Rodriguez, 18 San Martin e 16 Caamaño.  Adestrador Bouza.
   CV Zalaeta:  2 Paula R, 1 Paula M, 3 Lucía, 7 Susana, 11 Amara, 5 Sofía, 10 Jessy, 9 Rita, 8 Patri e 15 Andrea.  Adestrador Asier García.
   O partido resultou un trámite para para as herculinas que se impuxeron a un rival inferior ao que non lle deron opción, como se pode ver no marcador, e tan só no terceiro set as locais presentaron seria resistencia, quizais debido a perda de concentración das xogadoras de Asier que as fixo ceder algún tanto. En resumo, as de Zalaeta foron superiors en defensa e en ataque, e con este resultado continúan á fronte da CLASIFICACIÓN , seguidas en 2ª posición polo CV Pontevedra que é o único equipo que polo momento parece aguantar o ritmo cunha pequena diferenza de puntos e un set encaixado. A próxima xornada será na casa contra o «Sansa», en 3ª posición,  no P. do Barrio das Flores, equipo ao que xa se derrotou en partido de pretempada.
   O equipo continúa cunha xogadora, Tere, lesionada a que lle desexamos unha pronta recuperación.
GAVENSA,  especialistas en fiestras co Voleibol.
ETIQUETAS: