/PARTIDOS DA XORNADA

PARTIDOS DA XORNADA

     Comenza oficialmente  a Tempada 2011/2012 para os equipos  do C.V. Instituto Zalaeta. O sábado día 8 de Outono o FISIOMAS CV ZALAETA B enfrontarase ao Voleiourense.es na Capital das Termas as 11:30 no Polideportivo Paco Paz Auxiliar, partido no que as Herculinas continúan contando baixas xa que ainda non recuperaron as xogadoras lesionadas na pretempada, o que obrigará os técnicos a alinear a xogadoras procedentes do equipo xuvenil.
     O domingo día 9 de Outubroos equipos cadete e xuvenil femininos iniciarán a súa andaina desprazándose a cancha do Voleibol Dumbría.
      O equipo cadete adestrado por David Hermida é toda unha incognita, xa que é un equipo cheo de novas xogadoras provenientes de categorias inferiores do noso club e doutros equipos principalmente de Franciscanos de A Coruña. En cambio o equipo de Fernando Cueto amósase como un equipo sólido que a pesares de perder destacadas xogadoras que ascenden a categoría FEV, continúa mantendo un excelente bloque do que espera un gran rendemento pola súa conxunción e unha boa pretempada realizada ate o de agora.
       Dende eiquí, desexámoslles moita sorte.
       Para finalizar, lembrar que AUTOCARES J. CANCELA sairá o día 9, domingo as 08:45 desde o Instituto Zalaeta  para Dumbría.   

Cortesía de GENESAL Grupos Electrógenos.

ETIQUETAS: