/VOLEIBOL SF2 NO BARRIO DAS FLORES

VOLEIBOL SF2 NO BARRIO DAS FLORES

   Volve a SF2 ao Barrio das Flores cun enfrontamento do equipo local FisiomásZalaeta ante o Feel Volley Alcobendas nun importante duelo por afastarse da parte baixa da clasificación.

  O equipo madrileño desprázase a Galicia despois de xogar en casa co EMEVE ante o que sumo os tres puntos en xogo cos que supera ao Zalaeta na clasificación, o que lles converte en rivais directos. A vitoria para calquera destes dous equipos, e pendentes doutros resultados, poderíalles supoñer avanzar uns postos na clasificación e aproximarse á zona media da táboa.
  Puntuar continúa sendo vital para o conxunto de Barrero, e sobre todo aproveitar o factor cancha xa que o Barrio é o feudo da coruñesas onde a calquera rival resúltalle complicado xogar.
  O Zalaeta leva un bo ritmo de adestramento e ten a todo o seu persoal a disposición do técnico para un enfrontamento no que espera contar a con o apoio da afección para sumar os tres puntos en xogo no partido do sábado despois de pasar a xornada de descanso correspondente por calendario.

 Outros partidos de Liga Galega correspondentes á quinta xornada, son os seguinte:

1ª DIVISIÓN SENIOR
A D XIRIA ASESORIA CERVANTES  Vs  AUTOSCANCELA ZALAETA  SÁBADO 5  18:00 MUNICIPAL CARBALLO CALERO DE CARBALLO.
 
1ª DIVISIÓN XUVENIL
CALASANCIAS CORUÑA Vs AUTOS CANCELA ZALAETA DOMINGO 6  13:00  P. CALASANCIAS.
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CV ZALAETA  Vs  XUVENIL TEIS  VENRES 4  20:00 P. INSTITUTO ZALAETA

CALASANCIAS CORUÑA  Vs  CV ZALAETA  DOMINGO  6  13:00  P. CALASANCIAS
 
2ª DIVISIÓN CADETE
CV MANIOTAS  Vs  CV ZALAETA  SÁBADO 5  17:30  P. RODEIRA DE CANGAS
 
  Os desprazamentos dos equipos do Instituto realizaranse nos autobuses de AutosCancela que sairán, como é habitual, desde o Instituto de Zalaeta, o sábado ás 14:45 co equipo cadete con destino a Cangas, e ás 16:15 co equipo senior para Carballo.

Boa viaxe e moita sorte!!