/RESULTADOS COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS.

RESULTADOS COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS.

  

 Os equipos do Instituto desprazáronse a Ourense esta mañá para liquidar os seus compromisos ligueiros cos equipos da cidade das Burgas.
  Con saída ás 7 da mañá no autobús de Cancela desprazáronse para xogar ás 10:15 no Pavillón dos Remedios o equipo de 1ª Div Xuvenil Autos Cancela Zalaeta que se enfrontaba ao Dompa Xestión na xornada nº 13, encontro de 01h 05m de duración que finalizou en tres sets cun resultado favorable ás visitantes por 0-3 con parciais 15-25; 23-25 e 18-25. Dous novos puntos para  as coruñesas que as sitúan provisionalmente na 3ª praza da clasificación.
  Polo Autos Cancela Zalaeta  xogaron: Raquel Rey, Paula Lema, Marina Albaiceta, Nerea Tabeayo, Ana Calvo, Elisa Álvarez, Paula Rey, Ana Verao, Laura Vázquez, Inés Rivas, Valentina Dorta e Claudia Carreja.
 
  Ás 12:00, no mesmo escenario xogábase o partido de 1ª Div Senior correspondente tamén á xornada 13ª entre os mesmos equipos, que en se finalizaba en 01h 45m cun resultado de Dompa Xestión 1 Autos Cancela Zalaeta 3, con parciais 29-27; 23-25; 12-25 e 22-25.
  Segue sumando o Zalaeta, que ocupa a terceira posición á difícil caza da cabeza da táboa na que o Ourense marca as diferenzas seguido do Pontevedra que abre oco cos seus perseguidores.
  Xogaron por Zalaeta Raquel Rey, Paula Lema, Marina Albaiceta, Inés Rivas, Valentina dorta, ana Calvo, Elisa Álvarez, Ana Verao, Nerea Tabeayo, Laura Vázquez e Xiana Rivas.
 
 

  Completaba a xornada neste desprazamento, o equipo de 2ª Div Cadete, que despachaba dous compromisos. O primeiro deles ás 12:00 partido adiantado entre o CV Zalaeta e o Burgas IES Allariz na Farixa que finalizou en 01h 21m cun resultado de 3-1 con parciais 25-19; 23-25; 25-17 e 27-25.
  Finalizaba a competición do domingo ás 14:30 cun enfrontamento entre o Dompa Xestión e o CV Zalaeta na cancha do IES A Carballeira, nun partido longo, de 02h 10 m de duración que nun duro enfrontamento finalizou cun resultado favorable ás xogadoras do Instituto de 2-3, con parciais 25-22; 22-25; 23-25; 25-15 e 15-17.
  Partido de infarto, moi disputado no que o Zalaeta continúa sumando e sérvelle para manterse á fronte da clasificación con 25 puntos, aínda que de maneira provisional, pois lle segue o Ourense cun partido menos e 24 puntos abrindo oco co terceiro que é o Dompa.
  Polo CV Zalaeta xogaron: Andrea Rial, María Orro, Salam Fernández, Noelia Vázquez, Ahinoa Castro, Lucía Vendrell, Inés Rúa, Brenda Fernández, Íria Pérez, Bea Rodríguez e Mariña Dans.

 
 
  Non podemos deixar de mencionar que os equipos das máis pequenas, Benxamíns e Alevíns están enfrascadas na preparación da tempada, na que realizaron o seu debut competitivo no Torneo Padre Faustino, clásico do volei base coruñés organizado polo club do Colexio Calasancias Coruña.
  Dez xogadoras desprazáronse coa súa adestradora, a xogadora de SF2 Patricia Santos: Andrea  González, Daniela, Natalia, Lucía Alvedro, Lucía Antonella, Stefani, Adriana, Carmen, Inés e Paulo.
  En categoría Benjamín quedaron na 6ª posición, e en alevín, pola tarde lograron alcanzar o podio tras gañar o terceiro e cuarto posto contra Calasancias B.
  “É a primeira toma de contacto para un equipo, cóntanos Patri, totalmente renovado e con xogadores moi novos, na que se pretendía lograr un pouco de experiencia e perder eses nervios de xogar o seu primeiro partido. Finaliza así a posta a punto para a liga que está a piques de comenzar.”
TAGS: