/CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO A CORUÑA 2015

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO A CORUÑA 2015

  Finalizada a Liga Regular, a
competición continúa, e con máis intensidade se cabe tanto nos
cruzamentos de promoción de categorías como nos play-off polo título.
  Os
mellores equipos das fases regulares en categorías infantil, cadete e
xuvenil, masculinos e femininos, xogarán as fases finais correspondentes
que decidirán os Campións Galegos das distintas categorías nas sedes
designadas pola FGVB que podedes consultar aquí.
  Ao Club Voleibol Zalaeta
corresponde a organización do Campionato Galego Xuvenil Feminino que se
celebrará o próximo fin de semana, sábado 18 e domingo 19, no coruñés Polideportivo Barrio das Flores e no que participarán os catro primeiros equipos clasificados na Liga: MGS VoleyOurense, Autos Cancela Zalaeta, EMEVE de Lugo e Ibericar Turbotracción X. Teis. O formato de competición será de Liga a 1 Volta que se xogará en tres xornadas, dous o sábado e unha matinal o domingo. O sorteo realizado hoxe na FGVB deparou os seguintes cruzamentos e horarios:

   SÁBADO 18:
              10:00    MGS VOLEYOURENSE   Vs   EMEVE LUGO
                 12:00    AUTOS CANCELA ZALAETA   Vs   IBERICAR TURBOTRACCION X. TEIS

              17:00    IBERICAR TURBOTRACCIÓN X. TEIS   Vs   MGS VOLEYOURENSE
                 19:00    AUTOS CANCELA ZALAETA   Vs   EMEVE LUGO

   DOMINGO 19:
              10:00    EMEVE LUGO   Vs   IBERICAR TURBOTRACCIÓN X. TEIS
                 12:00    MGS VOLEYOURENSE   Vs   AUTOS CANCELA ZALAETA

  Os catro mellores equipos da
tempada 14-15 disputaranse o título de Campión Galego cun modelo novo de
competición, posiblemente máis esixente, no que cada equipo xogará tres
partidos e o resultado estará máis aberto, todos os equipos terán as
súas oportunidades.
  O VoleyOurense, primeiro clasificado na fase
anterior, resultou ser un equipo difícil de bater, dos que non regalan
nada, cedeu dous partidos e 9 sets en toda a tempada, alcanzando a
primeira posición cun só punto de diferenza sobre o Zalaeta, segundo clasificado.
  As
coruñesas defenden o título, o que lles confire un plus de
competitividade no seu interese por renovalo. A un só punto de cabeza,
cederon tres partidos e alternaron algúns momentos irregulares con boas
actuacións. Empatado a puntos co segundo, o EMEVE presenta uns números case iguais ás do Instituto, tres partidos perdidos e soamente un set en contra máis que o Zalaeta,
e é agora ao final de tempada cando pode ver reunida todo o seu equipo
incluídos os reforzos chegados da Concentración Permanente de Soria.
  O cuarto en discordia, o Xuvenil de Teis,
clasificouse a certa distancia dos tres primeiros, realizou unha
tempada irregular xa que as lesións non lle permitiron dispoñer dun
equipo competitivo e constante pero é agora cando a formación do Xuvenil ten o seu mellor momento, non será un rival fiable.
  O Ourense
foi o máis regular, e como tal chega a esta fase final, os demais
equipos logran conxuntar os seus equipos a última hora e é co final
doutras ligas cando poden dispoñer das súas xogadoras que realizan a súa
tempada en SFV e SF2. É esta unha razón
máis pola que cabe esperar un Campionato moi competido, xa que nel
participarán estas xogadoras que chegan cun nivel alto de competición.
  Quedan dous días, a sorte está botada, e o prognóstico, complicado. Será un Campionato para velo.

TAGS: