/PRÓXIMOS PARTIDOS

PRÓXIMOS PARTIDOS

  SF2:  PRIMEIRO DERBY GALEGO DA TEMPADA NO MUNICIPAL DE TEIS.



  Oitava xornada de de SF2 que se disputará o sábado 6, na que o FisiomásZalaeta se desprazará a Teis para xogar o primeiro derby da tempada ante o Xuvenil.
  As
coruñesas viaxan cunha consigna, gañar o partido e regresar cos puntos
en xogo necesarios para pelexar polo obxectivo da participación na Copa
Princesa.
  Un derby sempre é algo máis que un partido, no que
interveñen ademais os sentimentos e a rivalidade que xogan un papel
importante e fan que o encontro poida ter un resultado incerto,
atendendo a outra lóxica ademais da deportiva.
  No Municipal de Teis
veranse as caras dous equipos curtidos en moitos enfrontamentos entre
eles, se ben as estatísticas e a traxectoria na presente liga son
favorables ao Zalaeta, os partidos gáñanse ou perdense na cancha.
  As de Peixoto Miranda teñen nas súas centrais as mellores armas, Rebeca Hernández máxima anotadora do seu equipo e entre as dez primeiras da liga, e a Lucía Pérez entre as mellores sacadoras.
  Pola súa banda o conxunto de Jorge Barrero
continúa na súa liña, con cinco vitorias, as posibilidades de entrar na
Copa é un estímulo cuxa consecución pasa por obter os puntos en xogo.
Coa xa coñecida baixa de Sara Díaz, o bo
rendemento de todo o equipo no que todas as xogadoras poden entrar nas
rotacións, é a súa mellor baza de cara a continuar co seu refacho de
vitorias.
  A ter en conta o enfrontamento entre o Feel Voley Alcobendas e o CAEP, e que as madrileñas xogan o seu encontro pendente co Haris Tenerife, equipos todos eles inmersos na loita pola segunda praza.

    SECRETO GALAICO XUVENIL TEIS   Vs   FISIOMÁSZALAETA   SÁBADO 6, 18:15 P. M. DE TEIS

  O autobús de AUTOS CANCELA que levará ao equipo a Teis, realizara a súa saida, como é habitual, dende o Instituto Zalaeta o sábado ás 15:15.

BOA VIAXE E MOITA SORTE!! 

………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

LIGAS GALEGAS.

  Os equipos do C.I. Zalaeta teñen este fin de semana un único rival, o CV Pontevedra que se despraza á nosa cidade para resolver os seus compromisos nas distintas categorías.

  A xornada dará comezo co partido de xuvenís que se celebrará na cancha do Instituto, no que as xogadoras de D. Hermida,
con sete vitorias, deberán levarse os puntos en xogo para poder
continuar á fronte da clasificación, nunha táboa que nestes momentos
presenta un triplo empate nas primeiras posicións.
  Outros encontros interesantes da categoría, serán os que xoguen Boiro e EMEVE e VoleyOurense con Teis, todos eles entre os cinco primeiros postos da clasificación.

AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS SA SÁBADO 10:00 PAVILLÓN I. ZALAETA

  A
continuación enfrontaranse os equipos infantís de Liga Galega. Nunha
categoría á fronte da cal se encontran as coruñesas do Liceo, o Pontevedra e o Zalaeta
que se encontran na parte baixa da táboa, veranse obrigados a desfacer o
empate que manteñen, ambos os dous cunha vitoria e 8 puntos. O factor
cancha favorece as xogadoras de Cristina que vén de gañar o seu anterior encontro e quererán escalar na clasificación.

C.I ZALAETA Vs CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS   SÁBADO 12:00 PAVILLÓN I. ZALAETA

  Para finalizar o día, pola tarde xogarase o partido correspondente á 9ª xornada de 2ª División A entre ambos os dous clubs
que ocupan a segunda e terceira posición, e cuxo desenlace será
importante para a clasificación nunha xornada na que os seis primeiros
clasificados da categoría se enfrontan entre si.

AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS SA SÁBADO 16:00 BARRIO DAS FLORES