/FINALIZA A PRETEMPADA DO FISIOMASZALAETA

FINALIZA A PRETEMPADA DO FISIOMASZALAETA

  O equipo de SF2, FisiomásZalaeta, finaliza a pretempada cun encontro amigable mañá sábado no Barrio das Flores ante o RGC Covadonga a partir das 17:30.
  As gijonesas, devolven a visita despois do desprazamento realizado polo Zalaeta a Gijón,
para xogar o primeiro partido de pretempada que se saldou con vitoria
coruñesa ante un rival da categoría, que finalizou en terceira posición a
pasada campaña.
  Xa na recta final da pretempada, a tan só unha
semana de que dea comezo a tempada regular, cos equipos xa rodados que
ultiman a súa preparación, espérase un partido intenso e con pouco lugar
a cambios de última hora para encarar a liga que ambos os dous
disputarán no Grupo A.
  O adestrador Jorge Barrero, espera que o seu equipo “poida alcanzar o nivel mostrado en Avilés ante o Torrelavega, que a pesar de perder, o resultado foi moi axustado, e realizamos o partido máis completo da pretempada,”.
  Preparación moi intensa a realizada polo FisiomásZalaeta
este ano, e con equipos de categoría, que toca á súa fin despois de
cumprir os seus obxectivos, baterse con escuadras de nivel de Superliga
logrando a compenetración do equipo e a adaptación dos cambios habidos
para a tempada 2014-2015.

               FISIOMÁSZALAETA  –  RGC COVADONGA   17:30   POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES

TAGS: