/RESULTADOS COPA FEDERACIÓN Y COPA PROMESAS

RESULTADOS COPA FEDERACIÓN Y COPA PROMESAS

  1ª XORNADA COPA FEDERACIÓN

  Xa está de volta na Coruña o equipo Autos Cancela Zalaeta despois de xogar a primeira xornada da Copa Federación en Ourense. Para o equipo era o primeiro test de pretempada e o mesmo tempo inicio de competición.

  Baixo a dirección técnica de Tania Cobos, desprazáronse as seguintes xogadoras: Noemí Vázquez, Ana Calvo, Susana Suárez, Lidia Gudge, Nerea Tabeayo, Inés Rivas, Elena Sardiña, Paula Lema, Raquel Rey, Sara Amarelle e Ana Ceba.

  Xogáronse dous partidos con resultados dispares, gañóuselle ao XAV Cambados, 2-1 con parciais: 22-25; 25-16 y 25-18. E ante o equipo anfitrión, o Caldaria VoleyOurense cedeuse un 2-1 con parciais: 12-25; 14-25 y 25-23.
  Tania relátanos as incidencias da xornada:
  “O primeiro partido non empezou
á hora prevista porque o equipo contrario chego con atraso, e entre
unha cousa e outra, e que era o primeiro partido da tempada custou,
arrancar. O primeiro set foi moi parello e ao final decantouse para o
rival porque non soubemos finalizar. A partir de aí fomos de menos a
máis, asentándonos sobre todo en defensa e mellorando o saque. Iso
permitiunos gozar de boas rendas nos dous sets e pechalos sen problema.
  No
segundo partido, ante o VoleyOurense, comezaron de inicio as xogadoras
que non tiveran aínda minutos e a pesar se empezar enchufadas e forte
fómonos estancando e non conseguimos retomar a liña do partido anterior.
No que se fomos mellorando cada vez mais foi en defensa pero os bos
refachos de saque contrario non nos deixaron nin sequera lograr o empate
no partido. No último set elas relaxáronse un pouco e fomos capaces de
converter mellor os ataques en puntos buscando non só o ataque bo, se
non tamén á zona de oco.
   Ao final conseguimos o set e fómonos cun bo sabor de boca.

  Primeira
xornada desta Copa Federación completada que deixa moitas cousas que
mellorar, pero tamén detalles positivos. Sabemos onde está o erro e
creo que hoxe nos quedou aínda máis claro o que debemos cambiar. Vexo o
equipo con ganas, hai que darlle tempo e todo chegase”.

…………………………….
1ª XORNADA COPA PROMESAS

 Tamén hoxe viaxaba a Monforte
o equipo de cadetes inscrito na Copa Promesas. Xogaban os seus
primeiros partidos da tempada e ao mesmo tempo que compiten no Grupo B da recén creada sección da Copa.

  Viaxaron coa adestradora María Martinez, as seguintes xogadoras: Andrea Rial(capitana), Salam Fernández, Paula Crespí, Mariña Dans, Catalina López, Blanca Orro, Maria Orro, Beatriz Rodríguez, Noemi Alvarado, Natalia Di Piazza e Alejandra Rivera.

 A xornada desenvolveuse nas instalacións da Pinguela, onde se xogaron tres encontros cos seguintes resultados:

CV Pontevedra 3 – CI Zalaeta 0  (25-12; 25-9; 25-14).
Narón Volea 1 – CI Zalaeta 2      (9-25; 25-23; 11-25).
CI Zalaeta 0 – Ribeira Sacra 3    (7-25; 13-25: 12-25).

 Estrea en competición do equipo que ata agora estaba a xogar en Monte dás Moas, que lles serve para preparar a próxima tempada enfrontándose con equipos de superior nivel. Á súa adestradora preguntámoslle como se desenvolveu a competición,

 “No primeiro partido, ante Pontevedra,
pagamos a novatada, entramos na pista coas ideas pouco claras e
practicamente pasáronnos por enriba. Fixéronnos moito dano co saque e en
defensa, non soubemos ler o xogo do contrario. Estabamos ben situadas
pero faltou mobilidade en defensa e entendemento en recepción.
Ante Narón
puidemos cumprir os prognósticos, era o equipo máis alcanzable, e
comezamos o partido con máis seguridade, sen erros no saque e bastante
ben en defensa. No segundo set as nosas xogadoras fóronse totalmente do
partido e as de Narón soubérono aproveitar para lograr o empate.
E no terceiro e último set volvéronse recuperar e volveron xogar ben, aínda que regalaron puntos fallando o saque.
Chegamos ao último encontro, contra o equipo anfitrión, moi superior a Zalaeta, No
primeiro set estivemos moi frouxas en recepción e fixéronnos moito dano
cos saques. Apenas puidemos atacar. Nos dous seguintes estiveron mellor
en defensa, e fixémoslles algún punto de saque directo e un par de
bloqueos, pero aínda así eran moi superiores e ao final colleron unha
vantaxe importante e non as puidemos alcanzar. “

 
  Bo ambiente nesta
primeira xornada, que a todas deixou contentas, xogadoras e
acompañantes, xa que as xogadoras o deron todo, o que nos deixa con boas
sensacións tanto na cancha coma no vestiario.
TAGS: