/ENTREVISTA CON OLALLA G. TAIBO

ENTREVISTA CON OLALLA G. TAIBO

 Nome, data e lugar de nacemento.
Olalla García Taibo,  Ferrol, 1984.

 Profesión, traballo, estudos…
Son licenciada en INEF e Máster en lesións deportivas en fútbol.
Actualmente estou a rematar a Tese en lesións deportivas e son profesora de Voleibol en INEF. Acabo de rematar unha estanza de investigación en Londres e voume a Liverpool este mes a facer outra.

 Unha afección, un libro, unha película.
Unha afección: o deporte: vóley pista e praia, kaiak, baloncesto, bici, xogar ao just dance! Podería facer unha lista interminable.
Un libro: calquera de psicoloxía ou filosofía, a ver se consigo entenderme a min mesma e aos demais, jajaja (aínda non o conseguín).

 Onde te iniciaches no voleibol, traxectoria (brevemente).
Empecei no Grupo Mar en Culleredo, cando cambiei o baloncesto polo vóley seguindo o meu grupo de amigas. Despois xoguei en Zalaeta hai tantos anos que nin me acordo, pero principalmente xoguei no Marineda, ata hai 2 anos que formo parte do noso club.

 Posición na que xogas, sempre xogaches nesa posición?
Fun
e son central. Durante os meus primeiros anos de voleibol sempre facían
falta centrais e tocoume. Sempre quixen reconverterme noutra posición
porque me falta altura (entre outras cousas) para ter opcións como
central, pero ata agora fracasei no intento…jajaja

 Un exemplo de deportista,  referencia do volei ou do deporte en xeral.
Aínda que levo media vida xogando ao vóley, non sigo nada este deporte. Para min unha referencia no deporte é Emma Roca: campioa do mundo de raids de aventura, campioa de España de esquí de montaña, campioa de ultramaratones, dúatlons, triatlóns, raids, maratóns de montaña e un infinito ect.
Admíroa polo seu impresionante currículo deportivo, pola dureza dos
deportes nos que triunfou, e por ser capaz de combinar a súa carreira
deportiva coa súa profesión de bombeira, profesora de universidade na
Facultade de Medicina, e como non, co labor de nai de 3 fillos.

O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…
Os meus mellores recordos lévanme ao 2007, cando xogaba no Marineda.
Tiven o pracer de xogar eses anos con xogadoras de gran nivel e
mellores persoas. O club pasaba por un bo momento económico polo que
varios anos fichou diversas xogadoras estranxeiras de gran nivel. Eu
levaba pouco tempo xogando, así que foi unha honra compartir a tempada
con xogadoras de tal experiencia. Non obstante, decidín deixar o equipo
para irme a unha universidade en California, rompinme un cruzado, e
truncouse tal momento deportivo durante unha boa tempada ata que
conseguín recuperarme.

 Dende o teu punto de vista, que achegas ao equipo?
Creo
que achego alegría, amizade e bo rollo en xeral. O meu adestrador seguro
que preferiría que achegase un pouco menos neste sentido e que
alcanzase un maior nivel de seriedade e concentración…jajaj

 Que é o non se te dá tan ben, o que máis che custa.
Sen
dúbida a concentración. Supoño que é defecto do animal, pero tamén da
dificultade que supón combinar moitas horas de traballo con horas de entrenos
ata altas horas da noite, e que o voleibol para min sempre foi unha
distracción sen obxectivos máis alá de pasalo ben en equipo e facer
deporte.


 Unha socia, cómplice na cancha.
As miñas compañeiras favoritas son as centrais, Lydi, Andrea e Marga. Compañeiras de fatiga nos exercicios de centrais, compartimos experiencias, opinións, e quéroas sen máis.
 Que é na túa opinión o mellor do equipo?
Para min é unha sorte poder contar na miña cidade cun equipo de xogadoras
de tal nivel, poder adestrar todos os días xa que contamos con dúas
instalacións aptas para as nosas necesidades, e por suposto, o gran
labor e dedicación do noso adestrador e preparador físico, así como da
implicación dos membros da directiva.
A nivel deportivo o mellor do equipo é a calidade individual.

 Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento?
En canto ao meu rendemento,
estiven en Londres a metade da tempada, así que non conseguín
engancharme á competición. Satisfeita igualmente polo esforzo realizado
en compaxinar traballo e adestramentos.
En canto ao equipo, non estou
satisfeita porque creo que temos nivel para facelo mellor. Polo tanto
entendo que hai facetas nas que temos que seguir traballando. A miña
opinión non é máis que unha crítica construtiva cara ao equipo pola miña
confianza nas nosas xogadoras e corpo técnico.


 Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
Por
suposto que si, o esforzo é realmente grande, pero a recompensa o
equipara. Polo momento seguirei esforzándome por compaxinar voleibol con
demais aspectos da miña vida.

 Ser muller e deportista……
Ser
muller e deportista para min é o mesmo que ser home e deportista.
Entendo que a única diferenza importante a marca o momento de ser nai
para as mulleres, que evidentemente nos sitúa en desvantaxe respecto ao
home.