/ENTREVISTA CON PATRI SUAREZ.

ENTREVISTA CON PATRI SUAREZ.

 Nome, data e lugar de nacemento.
 Patricia Suárez, Sada, 1988.

 Profesión, traballo, estudos…
 Técnico en Actividades Fisico Deportivas. Continúo estudando.

 Unha afección, un libro, unha película.
 Gústanme os deportes de aventura, 50 Sombras de Grey, El diario de Noa.
 
 ¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria.
 Os meus inicios remóntanse ao ano 2001 no CV Sada,
posteriormente pasei a formar parte da Concentración Permanente da
Selección Española (CAEP de Soria) ata cumprir os 18 anos. A partir de aí a miña
andaina como xogadora de voleibol pasa por equipos como o JAV Olímpico (Las Palmas), AD A Pinguela (Monforte), Fígaro Peluqueros (Tenerife), CV Benidorm ( Benidorm) todos eles militantes en Categoría Nacional. Actualmente xogadora do CVI Zalaeta.

 Posición na que xogas, sempre xogaches nesa posición?
 Oposta.
Non, os meus inicios neste deporte foron como central ata a
Concentración Permanente que empecei a xogar de oposta ata a
actualidade.

 Un exemplo (de deportista, comparece..), referencia do volei ou do deporte en xeral.
 Esther López, xogadora española de Voleibol, o que máis me gusta dela é a humildade, esforzo e traballo que realiza.
 O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…
 Os dous Campionatos de España Xuvenís, nos cales quedamos campioas co JAV Olímpico.

 Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
 Dende o meu punto de vista achego competitividade, ganas de traballar e de facer as cousas ben.

 ¿Que é o non se te dá tan ben, o que máis che custa?
 Bufff,
aquí podería poñer moitas cousas, pero unha das cousas que considero
nas que teño máis carencias ou máis me custa é a recepción.

 Unha socia, cómplice na cancha.
 Dúas xogadoras indispensables para o min na cancha son Cristina e Rocío.

 ¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
 As compañeiras.

 ¿Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento?
 Con respecto á tempada que
acaba de finalizar considero que se podería ter feito moito máis a nivel
deportivo. A nivel individual, non estiven ao 100% por motivos de
traballo e estudos que non me permitiron adestrar as horas suficientes
para alcanzar o nivel máximo de rendemento.

 ¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
 Sí, porque realmente é o que me gusta. Gozo xogando e paga a pena calquera sacrificio por mínimo que sexa.

 Ser muller e deportista……
 Nos tempos que corren é complicado ter unha aficción
e máis ter que compatibilizala con estudos ou traballo, se lle sumamos
practicar un deporte de competición a un nivel máis elevado, resulta
máis complicado pero á vez é satisfactorio poder dedicarse ao que unha
máis lle gusta. E considero que o tempo que se sacrifica para facer algo
que che gusta é algo reconfortante.