Resultados do fin de semana.

   O venres 21 desprazáronse a Monforte os equipos cadete e xuvenil para xogar ante AD A Pinguela, os partidos correspondentes á xornada 11, que fora aprazada o pasado día 15.
   Con saída da Coruña ás 15:00, no autobús de Autos Cancela, e regreso ao finalizar os encontros, o CVI Zalaeta tróuxo os puntos do desprazamento en ambas categorías.
   Na categoría Cadete, resultou un partido fácil para as coruñesas, que realizaron un encontro moi completo, en particular estiveron ben en ataque ante un equipo que fallou no saque e non estivo á altura en defensa, para finalizar cun 0-3 e parciais 10-25; 16-25; e 13-25. Recupérase deste xeito o equipo de David Hermida e volve á senda da vitoria defendendo a segunda posición na TÁBOA e cun partido aprazado contra EMEVE. A próxima xornada, será na casa contra Calasancias que ocupa a terceira posición provisional.
  Simultaneamente, disputábase o encontro de categoría Xuvenil, que resultou parecido ao anterior,  as visitantes impuxéronse comodamente, nun bo partido, por 0-3, con parciais  15-25; 15-25 e 17-25 no que as de Monforte non puideron co ataque do FisiomásZalaeta, que nun partido breve fíxose cos tres sets con amplas diferenzas.

+ FOTOS

   Logo da visita a AD A Pinguela, o FisiomásZalaeta desprazouse o domingo 23 a Lugo para xogar o encontro correspondente á xornada 12 de Liga Galega Xuvenil co EMEVE, que finalizou cun resultado de 3-1, con parciais 25-20; 21-25; 27-25 e 25-15.
   O partido comezou cun primeiro set bastante igualado, pero con vitoria local, con bo xogo de ataque  por ambos equipos e no que as coruñesas tardaron en entrar no encontro. O equipo visitante foi de menos a mais, e no segundo set, con alternancia no marcador impúxose o FisiomásZalaeta nun final cómodo. O terceiro set foi o mellor do partido, no que ambos conxuntos buscaban a vitoria, as diferenzas eran escasas,  o equipo do Instituto apuraba as súas opcións e dominaba no marcador e parecía que ían facerse co set cando cos seus propios erros permitiron a remontada do EMEVE. E esta foi a oportunidade do FisiomásZalaeta de impoñerse ao equipo lucense, xa que no cuarto e último set, o EMEVE non deu opcións e as visitantes cederon a maior diferenza do partido con erros en defensa e mala recepción.

  
 O Sábado 22 xogouse o partido de 2ª División A correspondente á  xornada nº 12, que enfrontou aos equipo Autos Rico UDC e CVI Zalaeta no Universitario de Elviña ás 12:00, e que dirixido polo colegiado FL Barrallo, tivo unha duración de 01h 56m, e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 25-20; 20-25; 18-25 e 17-25. Adestradores, local Ennes e Vázquez e visitante A. García de Dios.

   Autos Rico UDC: 6 Amor (c), 7 Triñanes, 5 Lago, 3 Dominguez, 4 Gonzalez F., 16 Gonzalez O., 10 Murias, 12 Prieto, 9 Blanco, 5 Oliveira e 11 Alcazar.
   CVI Zalaeta: 11 Cristal (c), 13 Paula R., 6 Paula M.(j), 7 Susana N., 5 Maca (j), 8 Patri (j), 3 Sara (j), 1 Rita (j), 10 Susana S. (j), 15 Andrea (j), 16 Paula L.(c) e 4 Carla (c).


   Comeza a segunda volta co derby local entre o UDC e o Zalaeta, no que as do Instituto buscaban a revancha logo de perder na primeira volta, e ao mesmo tempo aproveitar a ocasión que se presentaba para reducir distancias na clasificación ante o líder da categoría. Comeza o primeiro set coas universitarias moi metidas no partido, e que malia empezar por baixo no marcador, son capaces de remontar para  lograr un 12-11, a partir do cal dominan o xogo e van ampliando a vantaxe ata facerse co set. O segundo set é parecido ao anterior, neste caso quen realiza a remontada inicial é o Zalaeta, que cun bo xogo de ataque por todas as zonas, e ben na rede, no terceiro parcial xa ten suficiente vantaxe para gañar o set co mesmo resultado: 20-25.
En terceiro set as diferenzas son mínimas en todo o primeiro parcial, a partir do segundo, o dominio das visitantes faise patente e van cobrando vantaxe  ante a perda de concentración do Autos Rico UDC, que  neste parcial perde por lesión á súa xogadora nº 10 Murias, e gañan o set cunha cómoda vantaxe.
   Xa no cuarto e último set, o CVI Zalaeta non deixa escapar a súa oportunidade, por diante sempre no marcador, cun xogo moi completo, ben en defensa e recepción, era capaz de armar rapidamente calquera opción de ataque e gaña o set coa maior diferenza do partido: 17-25.
   Con esta derrota o Autos Rico UDC perde a imbatibilidade pero continúa ao mando da CLASIFICACIÓN, na que lle segue o CVI Zalaeta afianzándose no segundo posto.
   A próxima xornada outro derby local, ante o Calasancias Coruña no Pabellón de Zalaeta.
   
TAGS: