/RESULTADOS DA XORNADA DO 8 DE DECEMBRO.

RESULTADOS DA XORNADA DO 8 DE DECEMBRO.

               SF2:      FisiomásZalaeta 3, Cantabria Deporte 0 
VER FOTOS>

   Celebrada a 9ª xornada da categoría co enfrontamento, onte sábado, entre o FisiomásZalaeta e o Cantabria Deporte no Barrio das Flores. Encontro dirixido polos colexiados Cordeiro e Baña, tivo unha duración de 01h 26m, e finalizou 3-0, con parciais 26-24; 25-20 e 25-18. Adestradores, local J. Barrero e JM Sánchez, visitantes, De Stefano e De Castro.


   FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 5 Marta E., 6 Nancy, 7 Laura, 9 Olalla, 10 sheila, 11 Patricia, 13 Lydia, 14 Sara D. e 15 Rocío.
   Cantabria Deporte: 1 María, 3 Ana, 4 Alba (L), 7 Aroa, 8 Mª Isabel, 9 Noelia, 109 Lidia, 11 Susana, 12 Laura (L) e 15 Paula.


    O primeiro foi o mellor set, as de Torrelavega iniciaron o partido con forza, decididas a apurar as súas opcións na CLASIFICACIÓN, e puxéronse por diante no marcador de modo que chegaron a un  11-16 no segundo parcial, a partir do cal comezou a xestarse a reacción local.  Mais eficiencia  no ataque e unha boa recepción foron xunto co saque as bazas da remontada do FisiomásZalaeta que logrou impoñerse no derradeiro parcial do set.
   No  segundo set, de novo o Cantabria Deporte comeza por diante no marcador, pero sen alcanzar grandes diferenzas, a mellóra do ataque herculino continúa facéndose notar, e de novo na parte final do set, fanse co marcador: 25-20.
   Parece que as cántabras van afrouxando a medida que avanza o partido, as diferenzas son maiores, e no terceiro set parecen xa entregadas, decaen no xogo de modo que obteñen mais puntos cos fallos do adversario que cos seus propios acertos e o FisiomásZalaeta faise co set e o partido.
   Partido floxo, do que se salva o primeiro set, no que o Cantabria Deporte non foi o equipo que derrotou ao líder e as locais non xogaron o seu mellor encontro da tempada, sálvanse os 22 puntos de Patricia, e o máis importante de todo: os puntos obtidos que permiten ao equipo de Jorge Barrero situarse tranquilamente no terceiro posto da clasificación e ameazar ao RGC Covadonga do que só lle separa un punto.
   Próximo partido, ante AD A Curtidora, no Polideportivo Los Canapés de Avilés.

  

   Hoxe, domingo, recibimos a visita do Xuvenil de Teis, que desprazou os equipos xuvenil e cadete para xogar senllos partidos de Liga Galega.
   Ás 10:30 deu comezo o encontro de xuvenís, que tivo unha duración de 01h 05m, e foi dirixido polos colexiados Natalia Díaz, L. Lago Rivas e Lucas Ares. Finalizou 3-0, con parciais 25-13, 25-21 e 25-14. Adestradores, local J. Barrero e A. García de Dios, visitante, R. Lago.

   FisiomásZalaleta: 8 Maca ©, 18 Paula M. (L), 1 Marta F., 6 Patri, 11 Rita, 9 Sara R., 3 Sofia, 2 Sara D., 15 Andrea, 17 Susana, 10 Paula L. (c) e 15 Lydia (c).
   Xuvenil Teis: 13 Dominguez ©, 18 Silva, 9 Fernández, 12 Lois, 5 Varela, 3 Carrete, 4 Larrán (c), 14 Araujo (c), 17 Fontes (c) e Gonzalez (I).

   Partido fácil para as locais, que nunha hora desfixéronse do rival, que presentou un equipo reforzado con xogadoras cadetes e que non tivo nada que facer ante o FisiomásZalaeta.
   O primeiro set comezou igualado, pero aos poucos as do Instituto foron impoñendo o seu xogo de ataque para levarse o set cunha ampla vantaxe. O segundo, quizais froito da perda de concentración das coruñesas, foi o mellor do Xuvenil de Teis, que foi capaz de ir por diante no marcador ata o último parcial no que as locais remontaron gañando 25-21. No terceiro, do mesmo xeito que o primeiro, o dominio local impúxose en todos os parciais ante un rival que fallaba en defensa e non organizaba ben o ataque.
   Con este resultado, o FisiomásZalaeta continúa en segunda posición da TÁBOA, seguido de AD A Pinguela que esta xornada gañou ao CV Pontevedra, e co que nos mediremos no seguinte encontro.

  
 A continuación xogouse o partido de Cadetes, que dirixido pola colexiada Laura Lago e cunha duración de 01h 25m, finalizou cun resultado de 0-3, con parciais 19-25, 20-25 e 18-25. Adestradores, local, D. Hermida e visitante, R. Lago.
   CV Zalaeta: 11 Paula L. (c), 17 Ana Mª, 12 Sara, 1 Irene, 13 Nerea, 9 Raquel, 5 Inés, 10 Carla, 7 Alba e 18 Laura.
   Xuvenil Teis: 4 Larrán (c), 3 Fontes, 9 Branco, 2 Araujo, 5 Veiga, 7 Gómez, 3  , 12 Gonzalez (I), 17 Vázquez (I) e 13 Gómez (I).
   Vitoria incontestable do Xuvenil de Teis que se impuxo claramente ao equipo local, que quixo e non puido gañar, sumando a segunda derrota consecutiva, o que fai perigar a súa posición na táboa.
   Bo partido o que nos ofreceron ambos equipos, no que as visitantes foron prácticamente todo o encontro por diante no marcador obrigando ás do Instituto a ter que remontar sen conseguilo. O Teis xogou un partido ordenado, moi completo con bon saque e organizando moi ben o ataque, e non se veu abaixo en ningún momento, deixando unha boa impresión do seu paso por Zalaeta e demostrando que é un dos equipos a ter en conta para a CLASIFICACIÓN final.
   Pola súa banda o equipo de David Hermida, malia realizar un bo partido, non consegue impoñerse, presa das dúbidas, comete erros que lle custan ir por detrás no marcador engadindo presión á remontada, o que se converte nun círculo do que é difícil saír. Malia iso, o CV Zalaeta dispón dunha boa plantilla e xoga ben ao Voleibol, polo que non lle será difícil saír do bache e recuperarse para a segunda volta, onde o resto de equipos, a bon seguro, aumentará o seu rendemento de cara ao final de tempada.
   A próxima xornada, desprazamento a Monforte para xogar o partido contra AD A Pinguela, quinto clasificado con 4 vitorias.

TAGS: